Exposición pública e cobranza do IBI 2024

Data de publicación :
24 Xullo, 2024

LISTAS COBRATORIAS DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA RÚSTICA, URBANA E DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS DO EXERCICIO 2024 E DA SÚA COBRANZA

ANUNCIO

EXPOSICIÓN PÚBLICA DAS LISTAS COBRATORIAS DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DENATUREZA RÚSTICA, URBANA E DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS DO EXERCICIO 2024 E DA SÚA COBRANZA

De acordo co establecido nos artigos 22 e 24 da Ordenanza Fiscal Xeral do Órgano de xestión tributaria e recadación de tributos locais desta Deputación – ORAL, por medio do presente
anuncio iníciase o trámite de información pública das listas cobratorias do Imposto sobre Bens Inmobles de natureza rústica, urbana e de características especiais do exercicio 2024 (IBI) correspondentes aos Concellos que se relacionan (que teñen delegada a xestión tributaria e recadación nesta Deputación) as cales foron aprobadas por Resolución de Tesourería de data 08 de xullo de 2024.AGOLADA, ARBO, BARRO, BAIONA, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, CAMPO LAMEIRO, CANGAS, CAÑIZA (A), CATOIRA, CERDEDO-COTOBADE, COVELO, CRECENTE, CUNTIS, DOZÓN, ESTRADA, (A), FORNELOS DE MONTES, GONDOMAR, LALÍN, LAMA (A), MEAÑO, MEIS, MOAÑA, MONDARIZ, MONDARIZ-BALNEARIO, MORAÑA, MOS, NEVES (AS), NIGRÁN, OIA, PAZOS DE BORBÉN, POIO, PORRIÑO (O), PORTAS, PONTEAREAS, PONTE CALDELAS, PONTECESURES, RODEIRO, ROSAL (O), SALCEDA DE CASELAS, SALVATERRA DE MIÑO, SANXENXO, SILLEDA, SOUTOMAIOR, TOMIÑO, TUI, VALGA, VILABOA, VILA DE CRUCES E VILANOVA DE AROUSA.

Esta exposición ao público ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003 xeral tributaria, remitíndose aos concellos incluídos a efectos da súa inserción no taboleiro de edictos.

De acordo co establecido no artigo 14.2 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, do texto refundido da lei de facendas locais e demais disposicións vixentes na materia, contra a citada Resolución e as liquidacións incluídas nela poderase interpor recurso de reposición ante a Tesourería da Deputación provincial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de finalización da exposición pública, previo ao contencioso-administrativo.

Os citados rexistros conteñen datos de carácter persoal amparados pola lei de protección de datos, polo que as persoas interesadas poderán consultar os rexistros relativos exclusivamente á súa débeda tributaria en cada un dos Concellos respectivos e nas oficinas do ORAL durante o período de exposición ao público, que comprenderá dende o día 29 de xullo ata o 06 de outubro de 2024, ambas datas incluídas.

COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DO IBI DO EXERCICIO 2024

De conformidade co previsto nos artigos 18, 24 e 25 da Ordenanza Fiscal Xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais–ORAL, en relación co artigo 62.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria e cos artigos 23, 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, de 29 de xullo de 2005, comunícaselle ás persoas interesadas que o período voluntario de cobranza do Imposto sobre Bens Inmobles de natureza rústica, urbana e de características especiais do exercicio 2024 (IBI), para os concellos relacionados, se inicia o día 29 de xullo e finaliza o 07 de novembro de 2024, ámbalas dúas datas incluídas.

NORMAS DA COBRANZA

Recibos non domiciliados: Os documentos para o ingreso dos recibos non domiciliados enviaranse por correo postal ordinario ao domicilio único de cada contribuínte. Este envío non ten carácter de notificación. A non recepción dos devanditos documentos de ingreso no domicilio non exime da súa obriga de pagamento.

Tamén se poderá dispor dos mesmos na OVT (https://ovt.depo.gal), nas “Oficinas de atención tributaria presenciais” ou no seu caso chamando ao “Centro de atención telefónica do ORAL nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420”.

Referencias de cobranza: os documentos de ingreso inclúen dúas referencias de cobramento con importes diferentes. A primeira é válida durante o período voluntario de pago que se indica no recibo. A segunda é válida a partir do día seguinte ao remate do período voluntario de pagamento, e o importe que ten asociado inclúe o principal da débeda e a recarga executiva do 5 %. Rematada a data de caducidade da segunda referencia xa non se poderán utilizar estes documentos para realizar o ingreso da débeda, polo que deberán descargarse outros a través da OVT (https://ovt.depo.gal), chamando ao centro de atención telefónica nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420 ou de xeito presencial, no seu caso, en calquera das nosas oficinas.

Formas e lugares de ingreso:
• A través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) da Deputación de Pontevedra–ORAL, https://ovt.depo.gal
• A través da aplicación de pagamentos da Deputación de Pontevedra (dispoñible para IOS e Android)
• Na caixa de calquera das entidades colaboradoras (ABANCA, BBVA, CaixaBank, Ibercaja Banco, Sabadell e Unicaja Banco), e tamén nos caixeiros automáticos ou por internet (se
a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos)

Cargos bancarios por recibos domiciliados: os recibos que figuren correctamente domiciliados faranse chegar ás respectivas entidades financeiras para que sexan cargados nas contas correspondentes o día indicado no calendario fiscal para cada tributo.

Advertencia legal: o vencemento do prazo de ingreso en período voluntario sen que estea satisfeita a débeda determinará o inicio do procedemento de prema e a esixencia da recarga e dos xuros de demora que en cada momento correspondan. Tamén se liquidarán e se esixirán no seu caso as custas regulamentarias orixinadas dese procedemento.

Oficinas de atención tributaria presenciais: a atención ao público nas oficinas do ORAL farase, no seu caso, través do sistema de cita previa, que se solicita a través das seguintes canles:

• Web do ORAL: https://oral.depo.gal
• OVT: https://ovt.depo.gal
• Sede electrónica: https://sede.depo.gal/citaprevia/
• Teléfono de atención tributaria e cita previa: 886 211 400 e 886 211 420

Anuncio BOP nº 144, de data 24 de xullo de 2024.

Documentos do Anuncio
Compartir: