ANUNCIO
PADRÓNS COBRATORIOS DA TAXA POR ENTRADA DE VEHÍCULOS (VADOS), DA TAXA POLO SERVIZO DE DISTRIBUCIÓN DE AUGA MÁIS IVE MÁIS CANON DA AUGA MÁIS CANON DE XESTION DE DEPURADORAS, DA TAXA POR SERVIZO DE SUMIDOIRO DE AUGAS RESIDUAIS MÁIS CANON DE XESTION DE DEPURADORAS E DA TAXA POR LIMPEZA E MANTEMENTO DE ZONAS COMÚNS DO CEMITERIO MUNICIPAL.
Exposición pública dos padróns correspondentes ás taxas por entrada de vehículos a través das beirarrúas, beiravías e outros espazos de uso público, pola prestación do servizo de distribución de auga (máis IVE, máis Canon da auga máis canon de xestión de depuradoras), de servizo de sumidoiro de augas residuais máis canon de xestión de depuradoras e de mantemento de zonas comúns do cemiterio municipal de Dena, correspondentes ao ano 2024.
Expóñense ó público nas oficinas municipais desde o 18 de outubro ao 18 de novembro de 2024, ambas datas incluídas, os padróns correspondentes ás taxas por entrada de vehículos a través das beirarrúas, beiravías e outros espazos de uso público, pola prestación do servizo de distribución de auga ano 2024 (máis IVE, máis Canon da auga, máis canon de xestión de depuradoras), de servizo de sumidoiro de augas residuais (máis canon de xestión de depuradoras) e por limpeza e mantemento de zonas comúns do cemiterio municipal de Dena, correspondentes ao ano 2024, compresivos das liquidacións; podendo os interesados examinalos durante dito período e, no seu caso, presentar no prazo dun mes, desde o 19 de novembro ata o 27 de decembro, recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo ante a Xunta de Goberno Local, (artigo 14.2 do R.D.Lvo. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais).
Cobranza en período voluntario das taxas por entrada de vehículos a través das beirarrúas, beiravías e outros espazos de uso público, pola prestación do servizo de distribución de auga (máis IVE, mais Canon da auga, máis canon de xestión de depuradoras), de servizo de sumidoiro de augas residuais (máis canon de xestión de depuradoras) e por limpeza e mantemento de zonas comúns do cemiterio municipal de Dena, correspondentes ao ano 2024.
De conformidade co previsto no artigo 12 R.D.Lvo. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais en relación cos artigos 23, 24 e 25 do Regulamento Xeral de Recadación, do 29 de xullo de 2005, comunícaselle aos contribuíntes afectados que o período voluntario de cobranza destas taxas, será o comprendido entre o día 18 de outubro ao 27 de decembro de 2024, ámbalas dúas datas inclusive. Tendo en conta que o prazo límite de ingreso será o día 27 de decembro no horario de caixa de cada entidade bancaria colaboradora (artigo 19.3 do Regulamento Xeral de Recadación).
Estas taxas poderán satisfacerse a través de calquera da entidade bancaria empregando os instrumentos de ingreso (recibos) que se enviarán ao domicilio declarado do contribuínte por correo ordinario ou mediante a domiciliación bancaria, ao abeiro do artigo 23 e ss. Do Regulamento xeral de recadación. No caso de perda do devandito instrumento ou cambio de domiciliación bancaria ou en caso de non recibir nos seus domicilios os instrumentos de ingreso o obrigado ao pagamento poderá, ata o día 27 de decembro de 2024, obter un duplicado nas Oficinas municipais (R/Campo da Feira, nº 1 -Meaño-Tlf. 986747102-Fax 986747391 (concellodemeano@concellodemeano.com), posto que a non recepción non exonera da obriga do pagamento nin impide a utilización da vía de prema.
O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do artigo 102 da Lei 58/2003, 17 de decembro, xeral tributaria.
Os recibos que figuren correctamente domiciliados faranse chegar ás respectivas entidades financieras para que sexan cargados nas contas das e dos seus clientes o día 20 de novembro de 2024.
O vencemento do prazo en período voluntario, sen ter sido satisfeita a débeda, determinará o comenzo do procedemento executivo, a percepción da recarga correspondente e demáis conceptos esixidos tal e como se fixa no artigo 26, 28 e 161 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria.
A falta de pago do canon da auga e do canon de xestión de depuradoras no período voluntario sinalado suporá a esixencia do canon da auga e do canon de xestión de depuradoras directamente ao contrubuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
A repercusión do canon da auga e do canon de xestión de depuradoras poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes desde que se entenda producida a notificación.
Meaño, o Alcalde Carlos Vieitez Fernández
Documento asinado e datado dixitalmente ao marxe.
- Anuncio BOP nº 204, 18 de outubro de 2024.