Exposición pública e cobranza en período voluntario IAE 2025

Data de publicación :
29 Agosto, 2025

ADMINISTRACIÓN LOCAL

PROVINCIAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL

Recadación

EXPOSICIÓN PÚBLICA E COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS (IAE) DO EXERCICIO 2025

 

 

ANUNCIO

 

EXPOSICIÓN PÚBLICA DAS LISTAS COBRATORIAS DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS (IAE) DO EXERCICIO 2025 E DA SÚA COBRANZA

De acordo co establecido nos artigos 22 e 24 da Ordenanza Fiscal Xeral do Órgano de xestión tributaria e recadación de tributos locais desta Deputación – ORAL, por medio do presente anuncio iníciase o trámite de información pública das listas cobratorias do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) do exercicio 2025, correspondentes aos Concellos que se relacionan (que teñen delegada a xestión tributaria e recadación nesta Deputación) as cales foron aprobadas por Resolución de Tesourería de data 25 de agosto 2025.

AGOLADA, ARBO, BARRO, BAIONA, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, CAMPO LAMEIRO, CANGAS, CAÑIZA (A), CATOIRA, CERDEDO–COTOBADE, COVELO, CRECENTE, CUNTIS,

DOZÓN, ESTRADA (A), FORNELOS DE MONTES, GONDOMAR, GUARDA (A), LALÍN, LAMA (A), MEAÑO, MEIS, MOAÑA, MONDARIZ, MONDARIZ-BALNEARIO, MORAÑA, MOS, NEVES (AS), NIGRÁN, OIA, PAZOS DE BORBÉN, POIO, PONTEAREAS, PONTE-CALDELAS, PONTECESURES, PORRIÑO (O), PORTAS, RODEIRO, ROSAL (O), SALCEDA DE CASELAS, SALVATERRA DE MIÑO, SANXENXO, SILLEDA, SOUTOMAIOR, TOMIÑO, TUI, VALGA, VILABOA, VILA DE CRUCES, VILANOVA DE AROUSA

Esta exposición ao público ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003 xeral tributaria, remitíndose aos concellos incluídos a efectos da súa inserción no taboleiro de edictos.

De acordo co establecido no artigo 14.2 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, do texto refundido da lei de facendas locais e demais disposicións vixentes na materia, contra a citada Resolución e as liquidacións incluídas nela poderase interpor recurso de reposición ante a Tesourería da Deputación provincial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de finalización da exposición pública, previo ao contencioso-administrativo.

Os citados rexistros conteñen datos de carácter persoal amparados pola lei de protección de datos, polo que as persoas interesadas poderán consultar os rexistros relativos exclusivamente á súa débeda tributaria en cada un dos Concellos respectivos e nas oficinas do ORAL durante o período de exposición ao público, que comprenderá dende o día 02 de setembro ata o 02 de outubro de 2025, ambas datas incluídas.

 

COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS (IAE) DO EXERCICIO 2025

De conformidade co previsto nos artigos 20, 24 e 25 da Ordenanza Fiscal Xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais–ORAL, en relación co artigo 62.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria e cos artigos 23, 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, de 29 de xullo de 2005, comunícaselle ás persoas interesadas que o período voluntario de cobranza do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) do exercicio 2025, para os concellos relacionados, se inicia o día 02 de setembro e finaliza o 03 de novembro de 2025, ámbalas dúas datas incluídas.

NORMAS DA COBRANZA

 

Recibos non domiciliados: Os documentos para o ingreso dos recibos non domiciliados enviaranse por correo postal ordinario ao domicilio único de cada contribuínte. Este envío non ten carácter de notificación. A non recepción dos devanditos documentos de ingreso no domicilio non exime da súa obriga de pagamento.

Tamén se poderá dispor dos mesmos na OVT (https://ovt.depo.gal), nas “Oficinas de atención tributaria presenciais” ou no seu caso chamando ao “Centro de atención telefónica do ORAL nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420”.

Referencias de cobranza: os documentos de ingreso inclúen dúas referencias de cobramento con importes diferentes. A primeira é válida durante o período voluntario de pago que se indica no recibo. A segunda é válida a partir do día seguinte ao remate do período voluntario de pagamento, e o importe que ten asociado inclúe o principal da débeda e a recarga executiva do 5 %. Rematada a data de caducidade da segunda referencia xa non se poderán utilizar estes documentos para realizar o ingreso da débeda, polo que deberán descargarse outros a través da OVT (https://ovt.depo.gal), chamando ao centro de atención telefónica nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420 ou de xeito presencial, no seu caso, en calquera das nosas oficinas.

Formas e lugares de ingreso:

  • A través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) da Deputación de Pontevedra–ORAL, https://ovt.depo.gal
  • A través da aplicación de pagamentos da Deputación de Pontevedra (dispoñible para IOS e Android)
  • Na caixa de calquera das entidades colaboradoras (ABANCA, Banco Santander, BBVA, CaixaBank, Ibercaja Banco, Sabadell e Unicaja Banco), e tamén nos caixeiros automáticos ou por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos)

 

Cargos bancarios por recibos domiciliados: os recibos que figuren correctamente domiciliados faranse chegar ás respectivas entidades financeiras para que sexan cargados nas contas correspondentes o día indicado no calendario fiscal para cada tributo.

Advertencia legal: o vencemento do prazo de ingreso en período voluntario sen que estea satisfeita a débeda determinará o inicio do procedemento de prema e a esixencia da recarga e dos xuros de demora que en cada momento correspondan. Tamén se liquidarán e se esixirán, no seu caso, as custas regulamentarias orixinadas dese procedemento.

Oficinas de atención tributaria presenciais: a atención ao público nas oficinas do ORAL farase, no seu caso, a través do sistema de cita previa, que se solicita a través das seguintes canles:

  • Web do ORAL: https://oral.depo.gal ou https://oral.depo.es
  • OVT: https://ovt.depo.gal
  • Sede electrónica: https://sede.depo.gal/citaprevia/
  • Teléfono de  atención  tributaria  e  cita  previa:  886  211  400  e  886  211  420

 

RELACIÓN DE OFICINAS DE ATENCIÓN TRIBUTARIA ORAL-DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

 

OFICINA PRINCIPAL CENTROS DEPENDENTES ENDEREZO DÍAS E HORARIO DE

APERTURA

COMARCAS DO DEZA O. P. Lalín Praza de Galicia, 1, baixo (Castro Tecnolóxico)36500 Lalín De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
COMARCA DE TABEIRÓS – TERRA DE MONTES O. P. A Estrada Avda. Benito Vigo, 47, baixo 36680 A Estrada De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
COMARCA DE CALDAS DE REIS O. P. Caldas de Reis Rúa José Salgado, 19, baixo 36650 Caldas de Reis De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
 

 

 

COMARCA DO SALNÉS

O. P. Vilanova de Arousa Rúa Curros Enriquez, 18 baixo 36620 Vilanova de Arousa De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
O. P. Cambados Rúa Ourense, 836630 Cambados De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
O. P. Sanxenxo Rúa Viña da Fonte, 236960 Sanxenxo De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
 

 

 

COMARCAS DO MORRAZO E VAL MIÑOR

O. P. Cangas Praza das Pontes, s/n, edificio do Concello–36940 Cangas De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
O. P. Moaña Rúa As Barxas, 15, baixo36950 Moaña De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
O. P. Nigrán Rúa Damas Apostólicas, 15, oficina 108–36370 A Ramallosa, Nigrán De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
Ofic. aux. Bueu Rúa Eduardo Vicenti, 836930 Bueu Luns de 9:00 a 13:30 horas
 

 

 

 

COMARCA DO BAIXO MIÑO

O. P. Tui Rúa do Rosal, 136700 Tui De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
O. P. A Guarda Rúa José Manuel Andreini, 6, baixo – 36780 A Guarda De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
Ofic. aux.Tomiño Praza do Seixo, s/n, edificio do Concello–36740 Tomiño Todos os mércores de 9:00 a 13: 30 horas
Ofic. aux. O Rosal Praza do Calvario, 1, edificio do Concello–36770 O Rosal Martes e xoves de 9:00 a 13:30 horas
COMARCA DA ÁREA DE VIGO O. P. O Porriño Rúa O Pinar, 5, baixo36400 O Porriño De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas

 

OFICINA PRINCIPAL CENTROS DEPENDENTES ENDEREZO DÍAS E HORARIO DE

APERTURA

 

 

 

 

 

COMARCA DO CONDADO E DA PARADANTA

O. P. Ponteareas Rúa Concha Brey, 4, baixo36860 Ponteareas De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
Ofic. aux. Crecente Rúa Solís Ruiz, 836420 Crecente Venres de 9:00 a 13:30 horas
Ofic. aux. Arbo Rúa Luís Cubelas, 2 Sm36430 Arbo Mércores de 9:00

a 13:30 horas

Ofic. aux. A Cañiza Rúa Progreso 51 1º, edif. xulgados 36880 A Cañiza Martes e xoves 9:00 a 13:30 horas
Ofic. aux. As Neves Praza da Cristiandade 1, 36440 As Neves Venres de 9:00 a 13:30 horas
Ofic. aux. Covelo Praza Mestre Cerviño, 236872 Covelo Luns de 9:00 a 13:30 horas
 

COMARCA DE PONTEVEDRA

Servizos centrais Rúa Manuel del Palacio, 1636071 Pontevedra De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
Ofic. aux. Ponte Caldelas Avda. de Galicia, 17, edificio do Concello–Ponte Caldelas Venres de 9:00 a 13:30 horas
 

DATOS DE CONTACTO

Teléfonos Información tributaria e cita previa: 886 211 400 e 886 211 420
Enderezo electrónico: informacion.oral@depo.es

 Asinado dixitalmente

Documentos do Anuncio
Compartir: