Exposición pública e cobranza taxa lixo 2024

Data de publicación :
24 Outubro, 2024

ADMINISTRACIÓN LOCAL

PROVINCIAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL

Recadación

EXPOSICIÓN PÚBLICA E COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DAS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS DO 4º TRIMESTRE 2024

ANUNCIO 

EXPOSICIÓN PÚBLICA E A SÚA COBRANZA DOS PADRÓNS/LISTAS COBRATORIAS DAS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS DE VARIOS CONCEPTOS, EXERCICIOS E CONCELLOS DA PROVINCIA 

De acordo co establecido nos artigos 22 e 24 da Ordenanza Fiscal Xeral do Órgano de xestión tributaria e recadación de tributos locais desta Deputación – ORAL, por medio do presente anuncio iníciase o trámite de información pública dos padróns/listas cobratorias das taxas e prezos públicos polos concellos e conceptos que se relacionan (que teñen delegada a xestión tributaria e recadación nesta Deputación) as cales foron aprobadas por Resolucións de Tesourería de 15/10/2024 e 17/10/2024. 

CONCELLO                                                     PERÍODO                                                                             CONCEPTOS

…/…

MEAÑO                                                            Anual 2024                                                                       Recollida Lixo

…/…

 

Esta exposición ao público ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003 xeral tributaria, remitíndose aos concellos incluídos a efectos da súa inserción no taboleiro de edictos.

De acordo co establecido no artigo 14.2 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, do texto refundido da lei de facendas locais e demais disposicións vixentes na materia, contra a citada Resolución e as liquidacións incluídas nela poderase interpor recurso de reposición ante a Tesourería da Deputación provincial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de finalización da exposición pública, previo ao contencioso-administrativo.

Os citados rexistros conteñen datos de carácter persoal amparados pola lei de protección de datos, polo que as persoas interesadas poderán consultar os rexistros relativos exclusivamente á súa débeda tributaria en cada un dos Concellos respectivos e nas oficinas do ORAL durante o período de exposición ao público, que comprenderá dende o día 28 de outubro ata o 28 de novembro de 2024, ambas datas incluídas. 

COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DAS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS 

De conformidade co previsto nos artigos 21, 24 e 25 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais-ORAL, en relación co artigo 62.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria e cos artigos 23, 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, de 29 de xullo de 2005, comunícaselles ás persoas interesadas que o período voluntario de cobranza das taxas e prezos públicos para os concellos e conceptos relacionados se inicia o día 28 de outubro e remata o 30 de decembro de 2024, ámbalas dúas datas incluídas. 

NORMAS DA COBRANZA 

Recibos non domiciliados: Os documentos para o ingreso dos recibos non domiciliados enviaranse por correo postal ordinario ao domicilio único de cada contribuínte. Este envío non ten carácter de notificación. A non recepción dos devanditos documentos de ingreso no domicilio non exime da súa obriga de pagamento.

Tamén se poderá dispor dos mesmos na OVT (https://ovt.depo.gal), nas “Oficinas de atención tributaria presenciais” ou no seu caso chamando ao “Centro de atención telefónica do ORAL nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420”.

Referencias de cobranza: os documentos de ingreso inclúen dúas referencias de cobramento con importes diferentes. A primeira é válida durante o período voluntario de pago que se indica no recibo. A segunda é válida a partir do día seguinte ao remate do período voluntario de pagamento, e o importe que ten asociado inclúe o principal da débeda e a recarga executiva do 5 %. Rematada a data de caducidade da segunda referencia xa non se poderán utilizar estes documentos para realizar o ingreso da débeda, polo que deberán descargarse outros a través da OVT (https://ovt.depo.gal),, chamando ao centro de atención telefónica nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420 ou de xeito presencial, no seu caso, en calquera das nosas oficinas.

Formas e lugares de ingreso: 

  • A través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) da Deputación de Pontevedra–ORAL, https://ovt.depo.gal)
  • A través da aplicación de pagamentos da Deputación de Pontevedra (dispoñible para IOS e Android)
  • Na caixa de calquera das entidades colaboradoras (ABANCA, BBVA, CaixaBank, Ibercaja Banco, Sabadell e Unicaja Banco), e tamén nos caixeiros automáticos ou por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos).

Cargos bancarios por recibos domiciliados: os recibos que figuren correctamente domiciliados faranse chegar ás respectivas entidades financeiras para que sexan cargados nas contas correspondentes o día indicado no calendario fiscal para cada tributo.

Advertencia legal: o vencemento do prazo de ingreso en período voluntario sen que estea satisfeita a débeda determinará o inicio do procedemento de prema e a esixencia da recarga e dos xuros de demora que en cada momento correspondan. Tamén se liquidarán e se esixirán no seu caso as custas regulamentarias orixinadas dese procedemento.

Oficinas de atención tributaria presenciais: a atención ao público nas oficinas do ORAL farase, no seu caso, través do sistema de cita previa, que se solicita a través das seguintes canles:

  • Web do ORAL: https://oral.depo.gal
  • OVT: https://ovt.depo.gal
  • Sede electrónica: https://sede.depo.gal/citaprevia/
  • Teléfono de atención tributaria e cita previa: 886 211 400 e 886 211 420

 

Documentos do Anuncio
Compartir: