Exposición pública e cobro do IVTM anulidade 2024

Data de publicación :
17 Abril, 2024
ADMINISTRACIÓN LOCAL
PROVINCIAL
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
Recadación

EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PADRÓNS/LISTAS COBRATORIAS DO IMPOSTO DE
VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO ANO 2024 E A SÚA COBRANZA

ANUNCIO

EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PADRÓNS/LISTAS COBRATORIAS DO IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO ANO 2024 E A SÚA COBRANZA

De acordo co establecido nos artigos 22 e 24 da Ordenanza Fiscal Xeral do Órgano de xestión tributaria e recadación de tributos locais desta Deputación – ORAL, por medio do presente anuncio iníciase o trámite de información pública dos padróns/listas cobratorias do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica do ano 2024 (IVTM) correspondentes aos concellos que se relacionan (que teñen delegada a xestión tributaria e recadación nesta Deputación) as cales foron aprobadas por Resolución da Tesourería de data 11/04/2024.

AGOLADA, ARBO, BAIONA, BARRO, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, CAMPO LAMEIRO, A CAÑIZA,
CATOIRA, CERDEDO–COTOBADE, COVELO, CRECENTE, CUNTIS, DOZÓN, A ESTRADA, FORNELOS DE MONTES, GONDOMAR, LALÍN, A LAMA, MEAÑO, MEIS, MOAÑA, MONDARIZ, MONDARIZ– BALNEARIO, MORAÑA, AS NEVES, OIA, PAZOS DE BORBÉN, O PORRIÑO, PORTAS, POIO, PONTEAREAS, PONTE CALDELAS, PONTECESURES, RODEIRO, O ROSAL, SALCEDA DE CASELAS, SALVATERRA DE MIÑO, SANXENXO, SILLEDA, SOUTOMAIOR, TOMIÑO, TUI, VALGA, VILABOA, VILA DE CRUCES E VILANOVA DE AROUSA.

Esta exposición ao público ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003 xeral tributaria, remitíndose aos concellos incluídos a efectos da súa inserción no taboleiro de edictos .

De acordo co establecido no artigo 14.2 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, do texto refundido da lei de facendas locais e demais disposicións vixentes na materia, contra a citada Resolución e as liquidacións incluídas nela poderase interpor recurso de reposición ante a Tesourería da Deputación provincial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de finalización da exposición pública, previo ao contencioso-administrativo.

Os citados rexistros conteñen datos de carácter persoal amparados pola lei de protección de datos, polo que as persoas interesadas poderán consultar os rexistros relativos exclusivamente á súa débeda tributaria en cada un dos Concellos respectivos e nas oficinas do ORAL durante o período de exposición ao público, que comprenderá dende o día 18 de abril ata o 20 de maio de 2024, ambas datas incluídas.

COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DO IVTM DO EXERCICIO 2024

De conformidade co previsto nos artigos 19, 24 e 25 da Ordenanza Fiscal Xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais–ORAL, en relación co artigo 62.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria e cos artigos 23, 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, de 29 de xullo de 2005, comunícaselle ás persoas interesadas que o período voluntario de cobranza do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) do exercicio 2024, para os concellos relacionados se inicia o día 18 de abril de 2024 e remata o 18 de xuño de 2024, ámbalas dúas datas incluídas.

NORMAS DA COBRANZA

Recibos non domiciliados: Os documentos para o ingreso dos recibos non domiciliados enviaranse por correo postal ordinario ao domicilio único de cada contribuínte. Este envío non ten carácter de notificación. A non recepción dos devanditos documentos de ingreso no domicilio non exime da súa obriga de pagamento.

Tamén se poderá dispor dos mesmos na OVT (https://ovt.depo.gal), nas “Oficinas de atención tributaria presenciais” ou no seu caso chamando ao “Centro de atención telefónica do ORAL nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420”.

Referencias de cobranza: os documentos de ingreso inclúen dúas referencias de cobramento con importes diferentes. A primeira é válida durante o período voluntario de pago que se indica no recibo. A segunda é válida a partir do día seguinte ao remate do período voluntario de pagamento, e o importe que ten asociado inclúe o principal da débeda e a recarga executiva do 5 %. Rematada a data de caducidade da segunda referencia xa non se poderán utilizar estes documentos para realizar o ingreso da débeda, polo que deberán descargarse outros a través da OVT (https://ovt.depo.gal), chamando ao centro de atención telefónica nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420 ou de xeito presencial, no seu caso, en calquera das nosas oficinas.

Formas e lugares de ingreso:
• A través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) da Deputación de Pontevedra–ORAL, https://ovt.depo.gal
• A través da aplicación de pagamentos da Deputación de Pontevedra (dispoñible para IOS e Android)
• Na caixa de calquera das entidades colaboradoras (ABANCA, BBVA, CaixaBank, Ibercaja Banco, Sabadell e Unicaja Banco), e tamén nos caixeiros automáticos ou por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos)

Cargos bancarios por recibos domiciliados: os recibos que figuren correctamente domiciliados faranse chegar ás respectivas entidades financeiras para que sexan cargados nas contas correspondentes o día indicado no calendario fiscal para cada tributo.

Advertencia legal: o vencemento do prazo de ingreso en período voluntario sen que estea satisfeita a débeda determinará o inicio do procedemento de prema e a esixencia da recarga e dos xuros de demora que en cada momento correspondan. Tamén se liquidarán e se esixirán no seu caso as custas regulamentarias orixinadas dese procedemento.

Oficinas de atención tributaria presenciais: a atención ao público nas oficinas do ORAL farase, no seu caso, través do sistema de cita previa, que se solicita a través das seguintes canles:
• Web do ORAL: https://oral.depo.gal
• OVT: https://ovt.depo.gal
• Sede electrónica: https://sede.depo.gal/citaprevia/
• Teléfono de atención tributaria e cita previa: 886 211 400 e 886 211 420

Documentos do Anuncio
Compartir: