APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓN DE CRÉDITO NA MODALIDADE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO FINANCIADO CON CARGO AO REMANENTE LÍQUIDO DE TESOURARÍA
O Concello en Pleno, na sesión celebrada en data 26 de xullo de 2024, aprobou inicialmente o expediente de modificación orzamentaria na modalidade de suplemento de crédito financiado con cargo ao remanente líquido de tesourería (MC 20/2024).
De conformidade co establecido no artigo 169.1 e 177.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, exponse ao público devandito acordo no Portal de transparencia habilitado na sede electrónica de esta mesma plataforma no enderezo hhttps://concellodemeano.sedeelectronica.gal/transparency do Concello de Meaño, ao abeiro do artigo 177, en relación co artigo 169, do R.D .Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, mediante edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, na páxina web e no Taboleiro de Edictos do Concello por un período de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOPP ao obxecto de que os interesados poidan formular reclamacións.
O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o prazo de exposición pública non se presentase reclamación algunha.
O que se fai público para xeral coñecemento.
O Alcalde Carlos Vieitez Fernández
Anuncio BOP nº 150, de data 2 de agosto de 2024.