Novo trazado Rúa Herminia Fariña

Data de publicación :
12 Agosto, 2025
A. PODER ADXUDICADOR
Administración contratante: Concello de Meaño
Órgano de contratación: Por delegación do Pleno á Xunta de Goberno Local
Servizo xestor: Secretaría-intervención do Concello de Meaño
Responsable do contrato:  Dirección facultativa
Perfil de contratante:  www.concellodemeano.com enlazado á Plataforma de Contratos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal
Dirección do órgano de contratación: R/Campo da Feira nº 1 (Meaño)
Correo electrónico do órgano de contratación: concellodemeano@concellodemeano.com
Sede electrónica: https://concellodemeano.sedelectronica.gal
Teléfono/Fax: 986-747102   986747391
B. PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN, TRAMITACIÓN DO EXPEDIENTE E FORMA DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS
Tipo de contrato: OBRAS
Cabe recurso especial: NON
Contrato suxeito a regulación harmonizada: NON
Tipo de procedemento: ABERTO SIMPLIFICADO
Tramitación: ORDINARIA
Forma e prazo de presentación de ofertas(cláusula 17 do PCAP): Forma: electrónica, única e exclusivamente a través do Sistema de LicitaciónElectrónica da Xunta de Galicia (SILEX), segundo a cláusula 17 do PCAP.

Prazo: 20 días naturais a contar desde o seguinte á publicación no perfil do contratante do anuncio de licitación

Documentación a presentar: (Cláusula 18 do PCAP) Sobre UNICO co seguinte contido:

Anexo I – Declaración responsable e oferta económica

C. DEFINICIÓN DO OBXECTO DO CONTRATO
Necesidade a satisfacer: Con esta obra de humanización, mobilidade activa, accesibilidade e itinerarios escolares seguros no núcleo de Meaño a través da creación de plataforma única no entorno da Rúa Herminia Fariña Cobián, para integrar o devandito ámbito de actuación co núcleo principal de Meaño, satisfanse as seguintes necesidades:

 

        Mellorar a calidade urbana e paisaxística da contorna.

        Mellora da seguridade do ámbito de actuación.

        Itinerarios Escolares Seguros.

        Humanización do contorna obxecto de estudo.

        Reordenar zonas verdes.

        Reordenar aparcamentos.

        Redución de espazo para o vehículo privado e aparcamentos.

        Fomentar o cambio modal cara a modos de transporte máis sostibles.

        Fomento da mobilidade alternativa.

        Acougado de tráfico mediante actuacións nas infraestruturas.

        Mellora de Accesibilidade peonil, dotar de espazos para o desprazamento peonil seguro.

        Zona de baixas emisións.

        Redución do CO2.

        Mellor calidade do aire.

        Redución da contaminación acústica.

        Mellorar a coexistencia entre o vehículo e peón.

        Conectar zonas urbanas con senllas existentes e proxectadas

Nome da obra: NOVO TRAZADO DA RÚA HERMINIA FARIÑA
Proxecto técnico: NOVO TRAZADO DA RÚA HERMINIA FARINÑA (V8)
Equipo redactor e titulación: Redactado polos enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, Dª Elena Maria e D. Enrique Juan UrcolaTellería
Órgano e data de aprobación do proxecto: Aprobado polo Pleno da corporación na súa sesión ordinaria do 29.05.2025
Obxecto do contrato: O proxecto do NOVO TRAZADO DA RÚA HERMINIA FARIÑA, ten como obxecto a execución dunha obra de humanización, mobilidade activa, accesibilidade e itinerarios escolares seguros no núcleo de Meaño a través da creación de plataforma única no entorno da Rúa Herminia Fariña Cobián, para integrar o devandito ámbito de actuación co núcleo principal de Meaño, esta actuación ten uns 210 m de lonxitude e unha área de 3.350 m2
División en lotes: NON
Xustificación da non división en lotes: Non procede a división en lotes do obxecto do contrato, por darse o suposto previsto no artigo 99.3.b) da LCSP, é dicir, a realización independente das diversas prestacións comprendidas no obxecto do contrato dificultaría a correcta execución do mesmo desde o punto de vista técnico, así como obstaculizaría a coordinación da execución no caso de existir unha pluralidade de contratistas diferentes.
Código CPV: 45233140-2 Obras en viais
D. ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN
Orzamento base de licitación (IVE incluído): 522.108,01 €
E. VALOR ESTIMADO
Orzamento da obra (IVE excluído): 431.494,22 €
Importe das modificacións previstas (IVE excluído): 0
Importe das opcións eventuais (IVE excluído): 0
Importe das primas pagadoras aos licitadores (IVE excluído): 0
TOTAL VALOR ESTIMADO: 431.494,22 €
IVE (21 %): 90.613,79 €
Sistema de determinación do prezo: Por unidades de obra segundo o proxecto
Xustificación da estimación do valor: Segundo conta no anexo 6 do proxecto
F. – RÉXIME DE FINANCIAMENTO E ANUALIDADES:
Existencia de crédito: RC núm220250002717
Aplicación orzamentaria: 1532-6190001
Réxime de financiamento: cofinanciación
Anualidade Aplicación Importe total Xunta de Galicia.

Fondo Adicional de Cooperación Local 2024 (código de procedemento PR468E)

Concello
2025 1532-6190001 522.108,01 € 261.054,01 € 261.054,00 €

 

As obrigas económicas derivadas deste contrato aboaranse con cargo ao crédito retido por este importe na aplicación arriba indicada; non obstante  e dado que a percepción da finaciación prevista por parte da Xunta de Galicia está suxeita, entre outros condicionantes, ao cumprimento do prazo de execución e xustificación previsto na ORDE do 22 de xullo de 2024 pola que se establecen os criterios de distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado á realización de investimentos en infraestruturas municipais de carácter estratéxico, previsto na letra i) do artigo 59.catro da Lei de orzamentos xerais para 2024 (código de procedemento PR486E)  a adxudicación do contrato queda condicionada  á previsión, á vista das ofertas de redución de prazo de execución que no seu caso se presenten, do cumprimento do prazo execución e xustificación  regulada na ORDE do 22 de xullo de 2024 pola que se establecen os criterios de distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado á realización de investimentos en infraestruturas municipais de carácter estratéxico, previsto na letra i) do artigo 59.catro da Lei de orzamentos xerais para 2024 (código de procedemento PR486E) ou, de ser o caso, á correspondente habilitación de crédito con cargo a fondos propios ou compromiso de habilitación polo órgano competente sen que iso xere dereito a indemnización algunha por parte dos licitadores.

A presente cláusula ten efectos de condición suspensiva, de conformidade co previsto no artigo 156.3 da Lei 9/2017, de Contratos do Sector Público, e o contrato non se entenderá perfeccionado ata o cumprimento da devandita condición.

Gasto plurianual: NON
Tramitación anticipada: NON
G. PRAZO DE EXECUCIÓN.
Prazo de execución: SEIS MESES, A MELLORAR POLAS EMPRESAS LICITADORAS
Prórroga: NON
Prazo mínimo de garantía: DOUS ANOS
H. ADMISIBILIDAD DE VARIANTES: NON
I. CONDICIÓNS ESPECIAIS DE EXECUCIÓN
1.-Establécese como condición especial de execución, segundo o disposto no artigo 202 da LCSP a promoción da reciclaxe de produtos. Para os efectos da xustificación polo contratista da promoción da reciclaxe de produtos durante a execución da obra, deberá achegarse á súa finalización a seguinte documentación xustificativa:

-Albaráns de entrega de material en xestor autorizado.

-Panel informativo da xestión de residuos durante a obra.

Os gastos derivados da realización da condición especial da execución establecido na presente licitación serán a cargo exclusivo do contratista.

Xustificación: considerase adecuada a promoción do reciclaxe tendo en conta a natureza do contrato.

 

J. REVISIÓN DE PREZOS:
NON: dada a duración estimada das obras, e segundo o recolleito no art. 103 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e o artigo 7 do Real Decreto Lei 3/2022 de 01 de marzo, non é necesario establecer ningunha fórmula para a revisión de prezos.
Fórmula de revisión: Non procede
K. GARANTÍA
PROVISIONAL: NON
DEFINITIVA SI: 5 % do prezo final ofertado por aquel, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido (artigo 107.1 da LCSP)
COMPLEMENTARIA SI:  5 % do prezo final ofertado por aquel, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido

(artigo 107.2 da LCSP).

Por considerase un suposto especial á vista do establecido no artigo 107.2 da LCSP e dado que a financiación prevista da Xunta de Galicia está vinculada ao prazo de execución e xustificación previsto na ORDE do 22 de xullo de 2024 pola que se establecen os criterios de distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado á realización de investimentos en infraestruturas municipais de carácter estratéxico, previsto na letra i) do artigo 59.catro da Lei de orzamentos xerais para 2024 (código de procedemento PR486E) e atendendo ao risco que asume o órgano de contratación en relación co prazo de execución e xustificacion da axuda concedida

L. ADSCRICIÓN OBRIGATORIA DE MEDIOS: SI: a empresa deberá de adscribir a execución do contrato, polo menos, o seguinte persoal de perfil técnico:

-1 Xefe de obra, con titulación en enxeñería de Camiños, Canais e Portos, arquitectura ou

equivalente, que deberá contar cunha experiencia mínima de tres anos en contratos de

características similares

-1 Encargado xeral, con experiencia mínima de tres anos para dirixir os equipos en contratos de

características similares.

 

M. SUBCONTRATACIÓN: NON
N. MODIFICACIÓNS CONTRACTUAIS PREVISTAS: NON
Ñ. DATOS DE FACTURACIÓN
Entidade contratante:  Concello de Meaño
Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local, por delegación do Pleno
CÓDIGO DIR3 Oficina contable: L0L1360274 -OC

Órgano Xestor: L0L1360274-OG

Unidade tramitadora: L0L1360274-UT

O. SOLVENCIA ECONÓMICA E FINANCIEIRA E TÉCNICA, CLASIFICACIÓN E HABILITACIÓN EMPRESARIAL
O.1 Clasificación: Obrigatoria: non.

Para concorrer á presente licitación non será requisito indispensable que o empresario ostente clasificación como contratista de obras.

 

Aínda de non ser obrigatoria, considerarase que licitador cumpre cos requisitos de solvencia económica e financeira, e técnica, se posúe a  clasificación seguinte:

 

GRUPO SUBGRUPO CATEGORÍA
G (VIAIS E PISTAS 6 (OBRAS VIAIS SEN CUALIFICACIÓN ESPECÍFICA) 3
O.2 Solvenci Conforme aos artigos 76 e seguintes da LCSP, os licitadores deberan estar en posesión das seguintes condicións mínimas de solvencia económica e financeira e profesional ou técnica:

 

Económica e financeira.

Volume de negocios: Volume anual de negocios referido ao mellor exercicio dentro dos tres últimos dispoñibles en función das datas de constitución ou de comezo de actividades do empresario e de presentación das ofertas, por importe igual ou superior a unha vez e media o valor estimado do contrato.

 

A acreditación do referido volume anual de negocios do licitador ou candidato farase por medio das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario estivera inscrito no devandito rexistro, e no caso contrario polas depositadas no rexistro oficial no que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e conta anuais legalizados por Rexistro Mercantil.

 

Técnica

 

Relación das obras executadas no curso dos cinco últimos anos, avalada por certificados de boa execución; estes certificados indicarán o importe, as datas e o lugar de execución das obras e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e levaron normalmente a bo termo; no seu caso, devanditos certificados serán comunicados directamente ao órgano de contratación pola autoridade competente.

 

Para a acreditación da solvencia técnica neste apartado requirirase haber executado un mínimo de dúas obras de natureza análoga durante o últimos cinco anos, sendo o importe mínimo esixible o correspondente ao 70 % do valor estimado do contrato (302.045,95 €).

 

*Conforme ao disposto no artigo 88.2 da LCSP, cando se trate dunha empresa de nova creación, entendendo por tal aquela que tena unha antigüidade inferior a 5 anos, como solvencia técnica, o empresario debera contar coa maquinaria, mínima que se indica de seguido:

 

– Guindastre automóbil

– Pa escavadora

– Retroescavadora s/pneumáticos

– Retroescavadora mixta

– Compactador vibratorio autopropulsado

– Camión basculante

– Camión cisterna para rego/lanza 9000 litros

– Fresadora 1000mm ancho.

-Grupo electróxenodiésel 1000/1500 rpm 700 KVA

– Dumper

– Compactador vibratorio manual de bandexa.

– Martelo rompedor s/escavadora.

– Cortadora de pavimentos.

 

O ofertante poderá acreditar contar coa disposición da expresada maquinaria mediante contrato de arrendamento ou declaración responsable da empresa de como contará coa disposición da mesma durante a execución da obra.

O.3 Habilitación empresarial: Os licitadores deberán acreditar a súa inscrición no Rexistro de empresas acreditadas do sector da construción, segundo o establecido na Lei 32/2006, do 18 de outubro
P: MESA DE CONTRATACIÓN:
Presidente: Alcalde da corporación D. Carlos Vieitez Fernández  ou membro da Corporación ou un funcionario en quen delegue

Vogais:

Titular. Secretaria-interventora, Dona Beatriz López de Castro García

Titular: funcionaria técnico medio de xestión administrativa, Dona M.ª Mar Pereira García

Titular: arquitecto municipal D. Antonio Vázquez Rosales

Secretaría:

Titular: A funcionaria do concello Dona Trinidad Lorenzo Lema.

Suplente: funcionaria municipal, Dona Pastora Castro Lema.

Q: CRITEROS DE VALORACIÓN DAS OFERTAS:
Criterios de adxudicación avaliables automaticamente (pluralidade de criterios de adxudicación en base a mellor calidade-prezo) ata 100 puntos:

 

1.-MENOR PREZO OFERTADO. Ata un máximo de 53 puntos para a oferta máis baixa das admitidas e o resto distribuirase proporcionalmente con arranxo á seguinte fórmula matemática:

 

53 x menor prezo ofertado

P = —————————————

Oferta a valorar

 

2.- ESTAR EN POSESIÓN DO CERTIFICADO DE SISTEMAS DE XESTIÓN DE CALIDADE VINCULADA CO OBXECTO DO CONTRATO (UNE-EN ISO 9001), EN VIGOR.  A empresa que conte con este certificado outorgáranselle 5 puntos. Para a valoración deberán achegar xunto coa oferta a correspondente certificación.

 

3.- ESTAR EN POSESIÓN DO CERTIFICADO DE XESTIÓN AMBIENTAL VINCULADA CO OBXECTO DO CONTRATO (UNE-EN- ISO 14001), EN VIGOR. A empresa que conte con este certificado outorgaránselle 5 puntos. Para a valoración deberán achegar xunto coa oferta a correspondente certificación.

 

4.- ESTAR EN POSESIÓN DO CERTIFICADO ISO 18001 OSHSAS PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS (UNE EN ISO 45001), EN VIGOR. A empresa que conte con este certificado outorgaránselle 5 puntos. Para a valoración deberán achegar xunto coa oferta a correspondente certificación.

 

5.- REDUCIÓN DO PRAZO DE EXECUCIÓN DA OBRA. Ata un máximo 32 puntos.

Valorándose con 2 puntos por cada semana de redución do prazo de execución.

R: OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS:
Unicamente poderán ser considerados con respecto ao criterio “prezo”. Considerarase, en principio, como anormal ou desproporcionada a baixa de toda proposición económica na que o criterio “prezo” se atope nalgún dos supostos establecidos no artigo 85 do Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas. No suposto de detectar algunha baixa desproporcionada estarase ao disposto no artigo 149 LCSP.
S: OBRIGAS DE PUBLICIDADE E OUTROS:
1.- Colocación de cartel publicitario que estará instalado nun soporte lexible e indeleble durante a execución do proxecto nun lugar visible e público, no modelo que se determina no anexo da ORDE do 22 de xullo de 2024 pola que se establecen os criterios de distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado á realización de investimentos en infraestruturas municipais de carácter estratéxico, previsto na letra i) do artigo 59.catro da Lei de orzamentos xerais para 2024 (código de procedemento PR486E).

Os gastos derivados da realización das condición especial da execución establecido na presente cláusula serán a cargo exclusivo do contratista.

Para a xustificación polo contratista deberá de aportar ao inicio das obras fotografías da colocación dos carteis.

 

2.-Serán de conta do contratista todos os tributos de calquera índole que graven as operacións necesarias para a execución da obra e, en particular, as taxas por prestación dos traballos facultativos de reformulo, dirección, inspección e liquidación das obras e calquera outra que resulte de aplicación segundo as disposicións vixentes, na forma e contía que estas sinalen, así como a licenza de obras e do imposto sobre construcións, instalacións e obras; para o caso en que este sexa esixible.

As taxas por direccións de obras e coordinación de seguridade calcularanse tomando como base o orzamento de execución material.

Xustificación: por estar establecido na “Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos facultativos que se presten nas obras municipais”

Para a xustificación o contratista deberá de aportar xustificante do pago das taxas.

Documentos do Anuncio
Compartir: