Ocupacións Plan de Obras e Servizos competencia municipal +Provincia 2026

Data de publicación :
23 Marzo, 2026

ANUNCIO, PUBLICACIÓN DE OCUPACIÓNS SOLICITADAS AO ABEIRO DA  SUBVENCIÓNS DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL, PLAN MÁIS PROVINCIA 2026-2027,  CORRESPONDENTE Á LIÑA 3: ACTIVACIÓN DO EMPREGO 2026. 

 

  • O Concello de Meaño, solicitou unha subvención por importe de 114.348,00 € á Deputación Provincial de Pontevedra, para a contratación de 13 traballadores/as, ó abeiro do Plan Máis Provincia 2026-2027, correspondente á Liña 3: Activación do emprego 2026.
  • Tal e como determinan as bases da convocatoria publicadas no BOPP nº 1 de 2 de xaneiro de 2026, se procederá á presentación das correspondentes ofertas de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, polo que, os/as traballadores/as que sexan contratados deberán ser persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean disponibles para o emprego.
  • O Concello de Meaño informa das ocupacións a efectos de que os interesados/as poidan actualizar os seus currículos no Servizo Público de Emprego, que será o encargado de preseleccionar aos aspirantes, sendo os postos ofertados os seguintes :
Ocupación Código Nº  traballadores Duración do contrato, xornada de traballo e previsión período contratación
Conductor/a camión en xeral 84321042 1 8 meses

35 horas/semana

maio/decembro

Peóns de obras públicas, en xeral 96011029 4 6 meses

35 horas/semana

abril/setembro e xuño/novembro

Albanéis, en xeral 71211015 2 7 meses

35 horas/semana

maio/novembro

Técnico educación infantil 22521013 1 4 meses

35 horas/semana

xullo/outubro

Persoal de limpeza ou limpador/a, en xeral 92101050 1 6 meses

35 horas/semana

maio/outubro

Coidador/a terceira idade 56291025 1 3 meses

35 horas/semana

maio/agosto

Coidador/a comedor escolar 57211033 1 4 meses

35 horas/semana

setembro/decembro

Traballador/a forestal 64101051 1 6 meses

35 horas/semana

maio/outubro

Operario mantenedor piscina 92291010 1 2 meses

35 horas/semana

xullo/agosto

 

As bases específicas de cada ocupación poderán consultarse unha vez aprobadas,  no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na páxina web do Concello de Meaño. Estes serán os principais medios para dar publicidade a tódolos actos que se deriven destes procedementos selectivos.

 

En Meaño, O Alcalde

Carlos Vieitez Fernández

(Documento datado e asinado dixitalmente ao marxe)

Documentos do Anuncio
Compartir: