ANUNCIO
SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS Ó ABEIRO DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL, PLAN MÁIS PROVINCIA 2025 CORRESPONDENTE Á LIÑA 3: ACTIVACIÓN DO EMPREGO.
PUBLICACIÓN DE OCUPACIÓNS SOLICITADAS
- O Concello de Meaño, solicitou unha subvención por importe de 109.903,45 € á Deputación Provincial de Pontevedra, para a contratación de 13 traballadores/as, ó abeiro do Plan Máis Provincia 2025 correspondente á Liña 3: Activación do emprego.
- Tal e como determinan as bases da convocatoria publicadas no BOPP nº 1 de 2 de xaneiro de 2025, se procederá á presentación das correspondentes ofertas de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, polo que, os/as traballadores/as que sexan contratados deberán ser persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean disponibles para o emprego.
- O Concello de Meaño informa das ocupacións a efectos de que os interesados/as poidan actualizar os seus currículos no Servizo Público de Emprego, que será o encargado de preseleccionar aos aspirantes, sendo os postos ofertados os seguintes :
Ocupación | Código | Nº traballadores | Duración do contrato e xornada de traballo |
Conductor/a camión en xeral | 84321042 | 1 | 8 meses
35 horas/semana |
Peóns de obras públicas, en xeral | 96011029 | 4 | 6 meses
35 horas/semana |
Albanéis, en xeral | 71211015 | 2 | 9 meses
35 horas/semana |
Técnico educación infantil | 22521013 | 1 | 5 meses
35 horas/semana |
Persoal de limpeza ou limpador/a, en xeral | 92101050 | 1 | 6 meses
35 horas/semana |
Coidador/a terceira idade | 56291025 | 1 | 3 meses
35 horas/semana |
Coidador/a comedor escolar | 57211033 | 1 | 4 meses
35 horas/semana |
Traballador/a forestal | 64101051 | 1 | 8 meses
35 horas/semana |
Empregado/a administrativo/a | 45001019 | 1 | 6 meses
35 horas/semana |
As bases específicas de cada ocupación poderán consultarse unha vez aprobadas, no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na páxina web do Concello de Meaño. Estes serán os principais medios para dar publicidade a tódalos actos que se deriven destes procedementos selectivos.
En Meaño,
O Alcalde
Carlos Vieitez Fernández
(Documento datado e asinado dixitalmente ao marxe)
- Bases de selección.
- Convocatoria proceso de selección.
- Resultado proceso selección albaneis.
- Resultado proceso selección peóns obras públicas.
- Resultado proceso selección operario conductor.
- Resultado proceso selección traballador forestal.
- Resultado proceso limpiador-a.
- Resultado proceso administrativo-a. Plantilla respostas exercicio.