Prezo público: excursión fin de actividades para maiores de 60.

Data de publicación :
14 Maio, 2026

APROBACIÓN DO PREZO PÚBLICO DA  ACTIVIDADE “EXCURSIÓN FIN DE ACTIVIDADES PARA MAIORES DE 60 ANOS 2026” 

ANUNCIO

Conforme o disposto nos artigos 41, 47 e 127 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e na Ordenanza  reguladora dos prezos públicos pola prestación de servizos e a realización de actividades de carácter lúdico, cultural, educativo e outros (BOP nº 148 do 06.08.2025) faise público a efectos de coñecemento xeral e publicidade o acordo da Xunta de Goberno local de data 11 de maio de 2026 pola que se  aprobou o establecemento do prezo público pola realización da actividade “EXCURSIÓN FIN DE ACTIVIDADES PARA MAIORES DE 60 ANOS 2026” en 50,00 €/persoa.

Meaño, o alcalde

Documento asinado dixitalmente ao marxe

Documentos do Anuncio
Compartir: