ANUNCIO
OUTROS DOCUMENTOS, NOTIFICACIÓNS E INFORMACIONS PUBLICAS
APROBACION INICIAL DO PROXECTO “NOVO TRAZADO DA R/ HERMINIA FARIÑA” E ANEXO DE EXPROPIACIONS. (EXP. 836/2022).-
O Pleno da Corporación do Concello de Meaño, na sesión ordinaria celebrada o día 26 de setembro de 2024 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
“ PRIMEIRO.– Aprobar inicialmente o proxecto de obras denominado “NOVO TRAZADO DA RÚA HERMINIA FARIÑA” cun orzamento de licitación de 522.108,01 €, e aprobar inicialmente o anexo de expropiación para a obtención dos bens e dereitos que se consideran necesarios para a execución da obra anterior, coia valoración ascende a 31.349,81 €, ambos redactados por ENURCOIN, S.L, declarándose expresamente a utilidade pública das obras previstas.
SEGUNDO.- Aprobar inicialmente a relación concreta, individualizada e valorada dos bens e dereitos afectados pola expropiación para a execución da obra “Novo trazado da Rúa Herminia Fariña”, que se detallan no anexo a este acordo.
TERCEIRO.- Expoñer ao público o proxecto de obras por medio de anuncio no BOP, e na sede electrónica do Concello, para os efectos de reclamacións polo prazo de 20 días hábiles, entendéndose aprobado de non producirse estas coa implícita declaración de utilidade pública da obra.
CUARTO.– Expoñer ao público a relación de bens e dereitos afectado pola expropiación mediante anuncio no BOP, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello e nun dos diarios de maior circulación da provincia polo prazo de 20 días hábiles, contados a partir da derradeira publicación, para que as persoas que se consideren interesadas formulen as observación e reclamacións que estimen convinte co fin de rectificar posibles erros na relación publicada u opoñerse por razóns de fondo ou forma, indicando os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos non comprendidos na relación como máis convinte ao fin que se persigue.
QUINTO.- Realizar así mesmo a notificación individual as persoa propietarias/titulares catastrais das parcelas.”
En cumprimento do citado acordo plenario sométense a información pública o proxecto denominado “PROXECTO PARA NOVO TRAZADO DA R/HERMINIA FARIÑA” versión-V5” co RE Nº 2023-E-RE-2217 de data 28/11/2023 e o anexo ao mesmo denominado “EXPROPIACIONS PARA NOVO TRAZADO DA R/HERMINIA FARIÑA” VERSIÓN V-4,co RE Nº 2024-E-RE-1599 de data 10/09/2024, redactados por ENURCOIN, S.L. polo prazo de 20 días hábiles, contados a partir da última publicación para que as persoas interesadas e as titulares dos bens e dereitos afectados poidan formular as alegacións que consideren oportunas.
A referida documentación poderá consultarse no portal de transparencia habilitado na Sede Eletrónica desta plataforma no enderezo https://concellodemeano.sedeelectronica.gal/transparency do Concello de Meaño.
Así mesmo realizarase notificación individual as persoas propietarias/titulares catastrais das parcelas.
Esta publicación servirá de notificación para os interesados descoñecidos ou de ignorado domicilio conforme ao disposto no artigo 44 Lei 39/1995, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.
ANEXO DE BENS E DEREITOS AFECTADOS POLA EXPROPIACIÓN
Parcela
|
Tipo | Uso | Total (m2) | Ocupación (m2) | Bienes y derechos | Valoración Total |
8194004NG1989S0000UL | Rústico | Agrario | 1.642 | 91 | Retirada puerta de ancho 2,3m con apertura hacia dentro. | 11.715,54 |
Nueva puerta de ancho 2,3m con apertura hacia dentro | ||||||
Retirada Verja‐ cierre malla actual: 41m(largo)*1,6m (alto). Nueva verja | ||||||
Retirada a almacén municipal de postes piedra:10ud*(2m largo*0,2m*0,2m) | ||||||
Retirada y recolocación cepas de uvas: 16ud | ||||||
8194008NG1989S0001ZB | Urbano | Suelo sin edif. | 637 | 164 | Retirada a almacén municipal postes piedra:13ud*(2m*0,2m*0,2m) | 16.856,91 |
Retirada malla cierre: 32m*1m | ||||||
Retirada puerta metálica: 0,8m*1,8m.Nueva puerta: 1m*1,8m | ||||||
Retirada arbustos: 4ud | ||||||
Verja cierre malla: 24m*1,6m | ||||||
8193002NG1989S0001IB | Urbano | Suelo sin edif. | 340 | 6 | Retirada a almacén municipal de poste piedra:1ud | 2.067,24 |
Retirada malla verja: 5m. Nueva malla verja cierre: 4m*1m | ||||||
8193003NG1989S0001JB | Urbano | Residencial | 131 | 6 | Retirada seto: 5m | 710,12 |
Retirada a almacén municipal de poste piedra:1ud | ||||||
Nueva malla verja cierre: 1,5m*1m |
O alcalde Carlos Vieitez Fernández
Documento asinado dixitalmente ao marxe.
- Anuncio BOP nº 197, de data 9 de aoutubro de 2024, de aprobación inicial.