Redacción proxecto de execución dun acceso de mobilidade peonil amble, próximo ao bordo costeiro de seixiños

Data de publicación :
6 Marzo, 2025

 CONTRATACIÓN DO SERVIZO  DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA A REDACCION DO “PROXECTO DE EXECUCIÓN DUN ACCESO DE MOBILIDADE PEONIL AMABLE, PRÓXIMO AO BORDO COSTEIRO EN SEIXIÑOS” , POLO PROCEDEMENTO ABERTO SIMPLIFICADO  CON VARIOS CRITERIOS  DE ADXUDICACIÓN.

  1. CONDICIÓNS XERAIS
A. PODER ADXUDICADOR:
Contratante: Concello de Meaño
Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local
Servizo xestor: Secretaría-intervención do Concello de Meaño.
Perfil do contratante: www.concellodemeano.com enlazado á Plataforma de Contratos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal.
Enderezo órgano contratación: R/Campo da Feira nº 1 (Meaño)
Teléfono – Fax: 986-747102 – 986-747391
Correo electrónico: concellodemeano@concellodemeano.com
Sede electrónica: concellodemeano.sedelectronica.gal
B. PROCEDEMENTO ADXUDICACIÓN
Número expediente: 104/2023
Tipo de contrato: Servizos
Tipo de procedemento: Aberto simplificado
Tramitación: Ordinaria
Forma presentación de ofertas: Electrónica. Empregarase o Sistema de Licitación (SILEX) da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

https://www.conselleriadefacenda.es/silex

Documentación a presentar: SOBRE B. Documentación correspondente aos criterios que dependen de xuízo de valor.

SOBRE C. Documentación administrativa e correspondente a criterios obxectivos.

Coa documentación sinalada na cláusula 9ª do Prego.

Prazo de presentación de ofertas: O prazo de presentación de ofertas no SILEX rematará ás 10:00 horas do día seguinte ao transcurso de 20 días naturais a contar dende o seguinte ao da inserción do anuncio de licitación na Plataforma de Contratos de Galicia.
Acceso ao programa SILEX de licitación electrónica: A información de acceso ao programa atópase recollida na Cláusula 9.
Cabe recurso especial: Non
Contrato suxeito a regulación harmonizada: Non
C. DEFINICIÓN DO OBXECTO DO CONTRATO
Definición do obxecto do contrato: O contrato definido ten a cualificación de contrato administrativo de servizos, de acordo co artigo 17 da1 Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
División en lotes do obxecto do contrato: Non
Códigos identificación das prestacións obxecto do contrato: 71240000-2 Servizos de arquitectura, enxeñería e planificación
Procedemento de selección e adxudicación: A forma de adxudicación do contrato será o procedemento aberto simplificado, no que todo empresario interesado poderá presentar unha proposición, quedando excluída toda negociación dos termos do contrato cos licitadores.

 

Criterios de selección: Pluralidade de criterios. Cláusula décima
D. VALOR ESTIMADO DO CONTRATO E ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN
a) Valor Prezo estimado: 15.059,69 €
b) 21 % IVE  3.162,53 €
Orzamento base de licitación (a+b): 18.222,22 €
E. RÉXIME DE FINANCIAMENTO:
Aplicación orzamentaria: 454-6090001
H. PRAZO DE EXECUCIÓN: FASE 1: 1 mes. Comprende a entrega do proxecto técnico completo denominado “ Proxecto de execución dun acceso de mobilidade peonil amable, próximo ao bordo costeiro en Seixiños. ” Este proxecto ten carácter de documento provisional e suxeito ás modificacións que determinen os técnicos municipais ou provinciais e/ou as autorizacións sectorias, que resulten precisas. Este prazo comezará a computarse desde o día seguinte ao da formalización do contrato.

FASE 2: 1 mes. Comprende a entrega do proxecto técnico, resultante das modificacións sinaladas, denominado “ Proxecto de execución dun acceso de mobilidade peonil amable, próximo ao bordo costeiro en Seixiños. ”, comezando a computarse a partir da orde de redacción do responsable do contrato, unha vez obtidos os informes e/ou autorizacións sectoriais preceptivos.

En todo caso, o proxecto técnico definitivo deberá estar entregado no rexistro do Concello de Meaño con data límite 1/07/2025.

I. PRÓRROGA: Non
J. GARANTÍA:
Provisional Non se esixe
Definitiva 5 % importe adxudicación sen IVE
Complementaria Non se esixe
I. PERÍODO DE GARANTÍA MÍNIMO 6 meses  desde o día seguinte a recepción de conformidade
K. DATOS DE FACTURACIÓN: O código DIR do Concello de Meaño:

Oficina contable:L0L1360274 -OC

Organo xestor:L0L1360274-OG

Unidade tramitadora: L0L1360274-UT

Documentos do Anuncio
Compartir: