CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE CATERING PARA O COMEDOR ESCOLAR DO CEIP COIRÓN-DENA.
| A. PODER ADXUDICADOR: | |||||||||||||||||
| Contratante: | Concello de Meaño | ||||||||||||||||
| Órgano de contratación: | O órgano de contratación é a Alcaldía, que actualmente ten delegada a competencia na Xunta de Goberno Local | ||||||||||||||||
| Servizo xestor: | Secretaría-intervención do Concello de Meaño. | ||||||||||||||||
| Responsable do contrato | Informadora xuvenil | ||||||||||||||||
| Perfil do contratante: | www.concellodemeano.com enlazado á Plataforma de Contratos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal. | ||||||||||||||||
| Enderezo órgano contratación: | R/Campo da Feira nº 1 (Meaño) | ||||||||||||||||
| Teléfono – Fax: | 986-747102 – 986-747391 | ||||||||||||||||
| Correo electrónico: | concellodemeano@concellodemeano.com | ||||||||||||||||
| Sede electrónica: | concellodemeano.sedelectronica.gal | ||||||||||||||||
| B. PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN, TRAMITACIÓN DO EXPEDIENTE E FORMA DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS | |||||||||||||||||
| Tipo de contrato: | Servizos | ||||||||||||||||
| Cabe recurso especial: | NON | ||||||||||||||||
| Contrato suxeito a regulación harmonizada: | NON | ||||||||||||||||
| Tipo de procedemento: | Aberto simplificado | ||||||||||||||||
| Tramitación: | Ordinaria | ||||||||||||||||
| Forma e prazo de presentación de ofertas: | Forma: Electrónica, única e exclusivamente a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).
Prazo: 15 días hábiles a contar desde o seguinte á publicación no perfil do contratante do anuncio de licitación |
||||||||||||||||
| Forma presentación de ofertas: | Electrónica. Empregarase o Sistema de Licitación (SILEX) da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia. https://www.conselleriadefacenda.es/silex | ||||||||||||||||
| Documentación a presentar: | Sobre UNICO co seguinte contido:
ü Anexo I . |
||||||||||||||||
| C. DEFINICIÓN DO OBXECTO DO CONTRATO | |||||||||||||||||
| Necesidade a satisfacer: | As contidas no informe de insuficiencia de medios e memoria xustificativa que forma parte deste expediente | ||||||||||||||||
| Tipo de contrato | O contrato definido ten a cualificación de contrato administrativo de servizos, de acordo co artigo 17 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público. | ||||||||||||||||
| Obxecto do contrato | Servicio de catering para o comedor escolar do CEIP Coiron-Dena | ||||||||||||||||
| División en lotes do obxecto do contrato: | Non procede a división en lotes do contrato, xa que presenta autonomía funcional dadas as súas características e natureza, ao ser un único centro, no que hai que prestar o servizo | ||||||||||||||||
| Códigos CPV: | 55322000-3 Servicios de elaboración de comidas
55520000-1 Servicios de subministro de comidas desde el exterior. 55524000-9 Servicios de subministro de comidas para escolas |
||||||||||||||||
| D.- ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN (1 ano) | |||||||||||||||||
| O orzamento base de licitación (gasto máximo autorizado) para este contrato queda fixado na cantidade de 59.808,00 € +I.V.E (21%) 5.980,80 €, o que supoñe un total de 65.788,80 €, correspondente á duración inicial do contrato (1 ano) | |||||||||||||||||
| E. VALOR ESTIMADO DO CONTRATO | |||||||||||||||||
| De conformidade co establecido no artigo 101.2 dá LCSP, o valor estimado do contrato será o orzamento base de licitación excluído o IVE e incluíndo a posible prorroga que ascende a:
Tanto o orzamento máximo coma o valor máximo estimado é estimativo, ao non estar definida con exactitude a contía total do contrato ao tempo da celebración do mesmo por depender das necesidades do servizo (número de usuarios) o Concello non está obrigado a esgotar a totalidade do orzamento máximo, quedando limitado o gasto real ao que resulte dos menús servidos. |
|||||||||||||||||
| F. RÉXIME DE FINANCIAMENTO E ANUALIDADES: | |||||||||||||||||
| Existencia de crédito: | RC nº 220260003340 | ||||||||||||||||
| Aplicación orzamentaria: | 326-22105.01 | ||||||||||||||||
| Réxime de financiamento: | Recursos propios | ||||||||||||||||
| Gasto Plurianual | Si | ||||||||||||||||
| G. PRAZO DE EXECUCIÓN E LUGAR DE EXECUCIÓN: | |||||||||||||||||
| Prazo de execución | 1 ANO que abarca o curso escolar 2026/2027 (segundo os días lectivos do calendario escolar)
No caso de que o contrato se formalizase despois do 01 de setembro de 2026, o prazo de execución comezará o día seguinte ao da formalización |
||||||||||||||||
| Prórroga | SI, posibilidade dunha prórroga por 1 ano (curso escolar 2027/2028)
Con todo, de conformidade co previsto no artigo 29.4 da LCSP cando ao vencemento dun contrato non se formalizou o novo contrato que garanta a continuidade da prestación para realizar polo contratista como consecuencia de incidencias resultantes de acontecementos imprevisibles para o órgano de contratación producidas no procedemento de adxudicación e existan razóns de interese público para non interromper a prestación, poderase prorrogar o contrato orixinario ata que comece a execución do novo contrato e en todo caso por un período máximo de nove meses, sen modificar as restantes condicións do contrato, sempre que o anuncio de licitación do novo contrato publicásese cunha antelación mínima de tres meses respecto da data de finalización do contrato orixinario. |
||||||||||||||||
| Lugar de execución | CEIP de Coiron-Dena (Rúa los Colegios nº 6 36967 Dena-Meaño) | ||||||||||||||||
| H. ADMISIBILIDAD DE VARIANTES: | NON | ||||||||||||||||
| I. CONDICIÓNS ESPECIAIS DE EXECUCIÓN | |||||||||||||||||
| – Pagos a provedores e subcontratistas, os deberes derivados das disposicións legais, regulamentarias e convencionais vixentes en materia laboral, de protección de emprego, condicións de traballo, prevención de riscos laborais, de seguridade social e de seguridade e saúde no traballo.
– O deber de comunicar calquera cambio na prestación do servizo, incluído das táboas de menús que deberá elaborar anticipadamente a empresa adxudicataria. – Os compromisos de medios materiais e humanos ós que se comprometeu o contratista para a execución do contrato.
|
|||||||||||||||||
| J. REVISIÓN DE PRECIOS | De conformidade co previsto no artigo 103 da LCSP non procede a revisión de prezos | ||||||||||||||||
| K. GARANTÍA. | |||||||||||||||||
| Provisional | NON | ||||||||||||||||
| Definitiva | Garantía definitiva dun 5% do prezo final ofertado, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido | ||||||||||||||||
| Complementaria | NON | ||||||||||||||||
| L. ADSCRICIÓN OBRIGATORIA DE MEDIOS | |||||||||||||||||
| Medios persoais: o adxudicatario debe contar (con independencia de todos os medios persoais necesarios para o cumprimento do contrato) cun especialista en dietética e nutrición para a elaboración dos menús (Técnico superior en dietética ou equivalente debidamente acreditado.
O centro de elaboración de alimentos: debe contar co correspondente rexistro sanitario O vehículo de transporte: deberá estar adaptado para a finalidade do contrato e contar coas correspondente autorización e inspección técnica en vigor |
|||||||||||||||||
| M. SUBCONTRATACIÓN | De conformidade co previsto na cláusula 30 do PCAP | ||||||||||||||||
| N. MODIFICACIÓNS CONTRACTUAIS PREVISTAS | Non | ||||||||||||||||
| Ñ. DATOS DE FACTURACIÓN (CÓDIGO DIR): | |||||||||||||||||
| Entidade contratante: | Concello de Meaño | ||||||||||||||||
| Órgano de contratación: | Xunta de Goberno Local | ||||||||||||||||
| CÓDIGO DIR3 | Oficina contable: L0L1360274 -OC
Órgano Xestor: L0L1360274-OG Unidade tramitadora: L0L1360274-UT |
||||||||||||||||
| O. SOLVENCIA ECONÓMICO FINANCEIRA E TÉCNICA PROFESIONAL. CLASIFICACIÓN. HABILITACIÓN EMPRESARIAL | |||||||||||||||||
| O-1 Clasificación | Aínda de non ser obrigatoria, considerase que o licitador cumpre cos requisitos de solvencia económico-financeira e técnica, se posúe a seguinte clasificación:
|
||||||||||||||||
| O.2 Solvencia | Conforme aos artigos 76 e seguintes da LCSP, os licitadores deberán estar en posesión das seguintes condicións mínimas de solvencia económica financeira e técnica-profesional:
Económica financeira Acreditarase mediante o volume anual de negocios do licitador, que referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos anos concluídos deberá ser ao menos unha vez e media o valor estimado do contrato. O volume anual de negocios do licitador ou candidato acreditarase por medio das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, si o empresario estivera inscrito en dito rexistro, e en caso contrario polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.
Técnica e profesional: A empresa ou profesional deberán acreditar unha relación dos principais servizos efectuados durante os tres últimos anos indicando o seu importe, datas e destinatario, público ou privado, dos mesmos Os servizos efectuados acreditaranse mediante certificados de boa execución expedidos polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público e cando o destinatario sexa un privado, mediante un certificado expedido por este. Deberán terse efectuado, polo menos, servizos en comedores colectivos cuxa contía, individual ou no seu conxunto, acade o un orzamento igual o maior a unha anualidade e media, sen incluír o IVE.
|
||||||||||||||||
| O.3 Habilitación empresarial: Os licitadores deberán acreditar a súa inscrición, mediante certificado, no Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios. | |||||||||||||||||
| P: MESA DE CONTRATACIÓN | |||||||||||||||||
| PRESIDENTE: O Alcalde ou o concelleiro/a en que delegue.
VOCAIS: • Secretaria-interventora do Concello de Meaño. • Técnico medio de xestión administrativa do Concello de Meaño • Informadora xuvenil do Concello de Meaño. • Traballadora social do Concello de Meaño. SECRETARIA DA MESA: funcionaria administrativa do concello. |
|||||||||||||||||
| Q: CRITEROS DE VALORACIÓN DAS OFERTAS: | |||||||||||||||||
| 1. Prezo (Puntuación máxima 70 puntos):
As ofertas económicas efectuaranse en relación a unidade de menú.
As ofertas que presenten os licitadores non poderán superar en ningún caso o importe sinalado como orzamento base de licitación. Este prezo poderá ser mellorado á baixa polos licitadores.
A valoración da oferta económica efectuarase asignando a máxima puntuación establecida (70 puntos) á empresa que menor importe do prezo ofreza para a execución do contrato e o resto distribuirase proporcionalmente con arranxo á seguinte fórmula matemática:
P = 70 x menor prezo ofertado/ Oferta a valorar
2. Melloras (Puntuación máxima 30 puntos)
2.1. Dotación das instalación de equipamento relacionado co comedor que redundarán nunha mellora na calidade da prestación: valorarase en 10 puntos Descrición: Neveira de 85 cm de alto x 55 cm de ancho x 60 cm de fondo. Valoración: 300,00 €.
2.2. Oferta menús/ano sen custo para o Concello: valorarase ata un máximo de 10 puntos As ofertas valoraranse obxectivamente atendendo a criterios de proporcionalidade matemática. Outorgarase a máxima puntuación á empresa que oferte 150 menús/ano e o resto distribuirase proporcionalmente con arranxo á seguinte fórmula matemática: P = 10 x número de menús sen custe ofertadas/ 150
2.3. Número e rotación de menús: valorarase ata un máximo de 10 puntos Valorarase cun máximo de 10 puntos a cantidade e variedade dos menús elixidos, que se servirán sucesivamente de xeito que ningún deles se repita ata non ter servido os restantes, coa seguinte distribución: – Oferta de 10 menús diferentes 7 puntos – Oferta de 15 menús diferentes 10 puntos De ter ofertado estes criterios de adxudicación a empresa adxudicataria, o seu cumprimento será verificado por empregado/a do Concello, encargada de verificar a prestación, mensualmente cos menús mensuais que terá que remitir ao Concello, segundo se sinala na cláusula 5.2. e 5.3 do Prego de Cláusulas prescricións técnicas. |
|||||||||||||||||
| R: OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS: | |||||||||||||||||
| Unicamente poderán ser considerados con respecto ao criterio “prezo”. Considerarase, en principio, como anormal ou desproporcionada a baixa de toda proposición económica na que o criterio “prezo” se atope nalgún dos supostos establecidos no artigo 85 do Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas. No suposto de detectar algunha baixa desproporcionada estarase ao disposto no artigo 149 LCSP. | |||||||||||||||||
| S. PÓLIZAS DE SEGUROS EXIGIBLES: | |||||||||||||||||
| Seguro de Responsabilidade Civil con entidade aseguradora legalmente autorizada, co obxecto de cubrir as obrigas derivadas do obxecto do contrato. Dito seguro de Responsabilidade Civil deberá ter un límite de indemnización non inferior a 300.000 euros por sinistro e ano para cubrir os danos materiais e/ou persoais ocasionados a terceiros.
As garantías mínimas esixidas para este seguro de Responsabilidade Civil serán: · RCivil Explotación – incluíndo a garantía de RCivil Subsidiaria no caso de subcontratar algún servizo do contrato. · RCivil Patronal – cun sublímite por vítima nunca inferior a 300.000 € · RCivil Post-traballos / Servizos · Defensa xurídica e Fianzas. A póliza resinada deberá prestar cobertura durante todo o período da execución do contrato e ata a conclusión do mesmo, polas reclamacións acontecidas durante este período de execución e que sexan reclamadas tras 24 meses despois da súa finalización.
A contratación de calquera outro seguro de contratación obrigatoria conforme á lexislación vixente durante o período de duración do contrato do servizo.
Antes da formalización do contrato, o Concello de Meaño disporá de copia da póliza subscrita, así como también do correspondente xustificante do recibo liquidado, sendo obrigación da adxudicataria o pago do recibo xerado pola póliza, sendo da súa exclusiva responsabilidade calquera defecto de cobertura orixinada pola falta de pago.
En caso de sinistro, calquera diferencia que surxa no pago das indemnizacións, xa sexa por aplicación de franquías ou outro tipo de descuberto do seguro contratado, deberá ser soportada pola adxudicataria.
O xustificante de subscrición da póliza de seguros agora exixida, solo se exixira o licitador cuxa oferta sexa determinada como a mellor relación calidade-prezo, e deberá ser presentado, en todo caso, antes da formalización do contrato.
|
|||||||||||||||||