Solicitude praza Escola infantil 0-3 anos

Data de publicación :
4 Marzo, 2025

CARLOS VIÉITEZ FERNÁNDEZ, ALCALDE- PRESIDENTE DO CONCELLO DE MEAÑO ( PONTEVEDRA)

FAGO SABER 

Que dende o 1 ata o 15 de marzo de 2025, ambos inclusive, estará aberto o prazo de renovación da praza na Escola Infantil Municipal 0-3 anos.  

Asi mesmo dende o 18 de marzo ata o 18 de abril de 2025, ambos inclusive,  estará aberto o prazo para solicitar praza de novo ingreso na Escola Infantil Municipal 0-3 anos. 

Se o último día do prazo fora inhábil, o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. 

Terán preferencia as unidades familiares empadroadas no Concello de Meaño e que soliciten praza a xornada completa. Tamén poderán acceder as/os fillas/os de persoas que teñan os seus postos de traballo no Municipio e figuren empadroadas noutro Concello. No caso de non cubrirse todas as prazas de acordo cos anteriores criterios de preferencia, poderanse atender outras solicitudes atendendo o número de prazas vacantes.

As solicitudes de novo ingreso deberán acompañarse da seguinte documentación:

-Fotocopia DNI pai e nai

-Fotocopia Libro de Familia

-Fotocopia Libro de Familia Numerosa (de ser o caso)

-Fotocopia Cartilla Seguridade Social do/da menor

-Xustificante de ocupación ou desemprego dos proxenitores (últimas nóminas, certificado vida laboral, certificado de empresa ou certificación de demandante de emprego)

-Xustificante de ingresos (copia da declaración do IRPF exercicio 2023, ou no caso de non estar obrigado a declarar, certificacións expedidas pola axencia estatal de administración tributaria, certificado de prestación económica do INEM ou certificado de non prestación, se é o caso)

– Certificado de Discapacidade alegada polos membros da unidade familiar

-Documentación acreditativa de incidencias tales como separación do Cónxuxe, abandono do fogar, etc.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Documento datado e asinado dixitalmente

Documentos do Anuncio
Compartir: