Substitución de marquesiña da praza da Igrexa en Simes

Data de publicación :
27 Maio, 2025

 

A. PODER ADXUDICADOR
Administración contratante:  Concello de Meaño
Órgano de contratación:  Xunta de Goberno Local
Servizo xestor: Secretaría-intervención do Concello de Meaño
Responsable do contrato:  Dirección facultativa
Perfil de contratante:  www.concellodemeano.com enlazado á Plataforma de Contratos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal
Dirección do órgano de contratación: R/Campo da Feira nº 1 (Meaño)
Correo electrónico do órgano de contratación: concellodemeano@concellodemeano.com
Sede electrónica: concellodemeano.sedelectronica.gal
Teléfono/Fax: 986-747102   986747391
B. PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN, TRAMITACIÓN DO EXPEDIENTE E FORMA DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS
Tipo de contrato: OBRAS
Cabe recurso especial: NON
Contrato suxeito a regulación harmonizada: NON
Tipo de procedemento: ABERTO SIMPLIFICADO SUMARIO
Tramitación: ORDINARIA
Forma e prazo de presentación de ofertas(cláusula 17 do PCAP): Forma: Electrónica, única e exclusivamente a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX), segundo a cláusula 17 do PCAP.

Prazo: 10 días hábiles a contar desde o seguinte á publicación no perfil do contratante do anuncio de licitación

Documentación a presentar: (Cláusula 18 do PCAP)

 

Sobre UNICO co seguinte contido: Anexo I – Declaración responsable e oferta económica
C. DEFINICIÓN DO OBXECTO DO CONTRATO
Necesidade a satisfacer:  A necesidade deste contrato ven dada polo estado da Pérgola existente na praza da Igrexa de Simes,  que se atopa deteriorada ao ser de madeira e estar en estado de putrefacción. Por elo, proxéctase a súa substitución por outra de similares características formais, realizada con piares de pedra e estrutura de aceiro galvanizado que ademais estará dotada de cuberta de zinc, para poder resgardar aos veciños das inclemencias meterolóxicas.
Nome da obra: “SUSTITUCIÓN DE LA MARQUESINA DE LA PLAZA DE LA IGLESÍA DE SIMES”
Proxecto técnico: “SUSTITUCIÓN DE LA MARQUESINA DE LA PLAZA DE LA IGLESÍA DE SIMES”
Equipo redactor e titulación: D. Eladio Riveiro García, arquitecto técnico
Órgano e data de aprobación do proxecto: ALCALDÍA, Decreto nº 2025-0240 de 30/04/2025
Obxecto do contrato:. Substitución da pergola existente por unha marqueisna de similares características formais, realizada con piares de pedra e estrutura de aceiro galvanizado que ademais estará dotada de cuberta de zinc.
División en lotes: NON
Xustificación da non división en lotes: Non procede a división en lotes posto que se trata dunha actuación que constitúe unha unidade operativa e funcional, nas que as actuacións proxectadas son elementos inseparables para a consecución dunha mesma finalidade.
Código CPV: CPV: 44115710-9 Marquesinas
D. ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN
Orzamento base de licitación (IVE incluído): 33.484,99 €
E. VALOR ESTIMADO
Orzamento da obra (IVE excluído): 27.673,55 €
Importe das modificacións previstas (IVE excluído):  

0

Importe das opcións eventuais (IVE excluído):  

0

Importe das primas pagadoras aos licitadores (IVE excluído):  

0

TOTAL VALOR ESTIMADO: 27.673,55 €
IVE (21 %): 5.811,44 €
Sistema de determinación do prezo: Por unidades de obra segundo o proxecto.
Xustificación da estimación do valor: Para a determinación do orzamento base de licitación tivéronse en conta os prezos habituais no mercado.

Os Convenios colectivos de aplicación ás empresas solicitantes serán o Convenio Colectivo Sectorial da empresa segundo corresponda, neste caso o Convenio Colectivo da Construción de Pontevedra.

F. – RÉXIME DE FINANCIAMENTO E ANUALIDADES:
Existencia de crédito: RC núm. 220250001857
Aplicación orzamentaria: 171- 6320001
Réxime de financiamento: Fondos propios do concello
Gasto plurianual: NON
Tramitación anticipada: NON
G. PRAZO DE EXECUCIÓN.
Prazo de execución: 2 meses, dende a formalización da acta de comprobación e replanteo
Prórroga: NON
Prazo mínimo de garantía:  1 ano
H. ADMISIBILIDAD DE VARIANTES: NON
I. CONDICIÓNS ESPECIAIS DE EXECUCIÓN
1º/ DE TIPO MEDIOAMBIENTAL:

− Minimización da xeración de residuos perigosos e non perigosos, así como a súa reutilización ou reciclaxe.

− Os residuos susceptibles de reciclaxe depositaranse en colectores independentes para facilitar ou seu tratamento.

Deberá achegarse á súa finalización a seguinte documentación xustificativa:

-Albaráns de entrega de material en xestor autorizado.

-Panel informativo da xestión de residuos durante a obra.

Os gastos derivados da realización da condición especial da execución establecido na presente cláusula serán a cargo exclusivo do contratista

Xustificación: se considera adecuada a promoción do reciclaxe tendo en conta a natureza do contrato.

2º/ TAXA SERVIZOS FACULTATIVOS:

Conforme ao establecido na “Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de sevizos facultativos que se presten nas obras municipais” serán de conta do contratista tódolos tributos de calquera índole que graven as operacións necesarias para a execución da obra e, en particular, as taxas por prestación dos traballos facultativos de reformulo, dirección, inspección e liquidación das obras e calquera outra que resulte de aplicación segundo as disposición vixentes, na forma e contía que estas sinalen, así como a licenza de obras e do imposto sobre construcións, instalacións e obras; para o caso en que este sexa esixible.

As taxas por direccións de obras e coordinación de seguridade calcularanse tomando como base o orzamento de execución material.

O contratista deberá de aportar xustificante do pago das taxas.

Xustificación: por estar establecido na “Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de sevizos facultativos que se presten nas obras municipais”

J. REVISIÓN DE PREZOS:

 

NON
Fórmula de revisión: NON PROCEDE
K. GARANTÍA
PROVISIONAL: NON
DEFINITIVA NON
COMPLEMENTARIA NON
L. ADSCRICIÓN OBRIGATORIA DE MEDIOS: Segundo proxecto
M. SUBCONTRATACIÓN: NON
N. MODIFICACIÓNS CONTRACTUAIS PREVISTAS: NON
Ñ. DATOS DE FACTURACIÓN
Entidade contratante:  Concello de Meaño
Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local
CÓDIGO DIR3 Oficina contable: L0L1360274 -OC

Órgano Xestor: L0L1360274-OG

Unidade tramitadora: L0L1360274-UT

O. SOLVENCIA ECONÓMICA E FINANCIEIRA E TÉCNICA, CLASIFICACIÓN E HABILITACIÓN EMPRESARIAL
O.1 Clasificación: Non se esixe
O.2 Solvencia: Neste procedemento, en virtude do disposto en o artigo 159.6 b) LCSP, eximirase a os licitadores da acreditación da solvencia económica e financeira e técnica ou profesional.

Con todo, deberán posuír solvencia mínima que se indica aínda que estean exentos da súa acreditación:

Económica e financeira.

Volume de negocios: Volume anual de negocios referido ao mellor exercicio dentro dos tres últimos dispoñibles en función das datas de constitución ou de comezo de actividades do empresario e de presentación das ofertas, por importe igual ou superior a unha vez e media do valor estimado do contrato

Técnica

Maquinaria, material e equipo técnico para a execución das obras, á que se anexará a documentación acreditativa pertinente cando lle sexa requirido polos servizos dependentes do órgano de contratación.

En todo caso, neste procedemento, en virtude do disposto en o artigo 159.6 b) LCSP, eximirase a os licitadores da acreditación da solvencia económica e financeira e técnica ou profesional. Con todo, deberán posuír a solvencia mínima esixida, aínda que estean exentos da súa acreditación.

O.3 Habilitación empresarial: Non
P: UNIDADE TÉCNICA DE CONTRATACIÓN:
Constituirase unha Unidade Técnica de Contratación composta polos seguintes membros:

1) Técnico de Administración xeral.

2) Arquitecto municipal

Suplente: a secretaria-interventora

Secretaría: Trinidad Lorenzo Lema, funcionaria administrativa de Admón Xeral.

Suplente: Pastora Castro Lema, funcionaria administrativa de Admón Xeral.

Q: CRITEROS DE VALORACIÓN DAS OFERTAS:
Criterios de adxudicación avaliables automaticamente (pluralidade de criterios de adxudicación en base a mellor calidade-prezo) ata 100 puntos:
Menor prezo ofertado: Ata un máximo 100 puntos para a oferta máis baixa das admitidas e o resto distribuirase

P= (100*menor prezo ofertado)/ Oferta a valorar

Non se admitirán na súa totalidade as proposicións nas que se oferte un prezo total superior ao Orzamento Base de Licitación, IVE excluido.

Todas as puntuacións redondearanse ao segundo decimal.

R: CRITERIOS PARA A DETERMINACIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS
Considerarase, en principio, como anormal ou desproporcionada a baixa de toda proposición económica na que o criterio “prezo” se atope nalgún dos supostos establecidos no artigo 85 do Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas. No suposto de detectar algunha baixa desproporcionada estarase ao disposto no artigo 149 LCSP.
S: OBRIGAS DE PUBLICIDADE:
T.- ABONOS POR ACTUACIÓNS PREPARATORIAS: NON
Documentos do Anuncio
Compartir: