ITV vehículos agrícolas

Esta Alcaldía pon en coñecemento de tódolos veciños deste Concello que sexan propietarios de VEHICULOS AGRÍCOLAS e que estén obrigados a realiza-la ITV que a UNIDADE MÓVIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DA ZONA DE PONTEVEDRA, prestará servicios no Concello de Meaño os días que a continuación se relacionan no seguinte horario:

Do 27/08/26 ao 10/09/26 

AREA RECREATIVA O BARREIRO – XIL 

Horario de 9:00 a 13:30 h. pola mañá, e de 15:15 a 18:00 h. pola tarde. O servizo prestarase en horario de mañán e tarde todolos días, agás:

 28/08/26 que será horario só de mañá

04/09/26 que será horario só de mañá

10/09/26 que será horario só de mañá

 

        Servizo de cita previa no número 981928080

          A través da páxina web: www.sycitv.com-cita previa 

Meaño, 30 de xullo de 2026

O alcalde

Asdo: Carlos Vieitez Fernández

 

Comparte esta noticia: