Destinado á : rapaces e rapazas nados entre 2012 e 2020 empadroadas/os no Municipio de Meaño e que os seus proxenitores/titores sexan traballadores por conta propia ou allea e xustifiquen a súa contratación nos meses de xullo e agosto. No caso de quedar prazas vacantes poderán participar nenos/as nos que só traballe un proxenitor e de seguir quedando prazas dispoñibles poderán participar nenos/as que os seus proxenitores non traballen e si continuasen quedando prazas vacantes poderán participar nenos/as non empadroados no Concello pero que os seus proxenitores teñan un vinculo laboral no Termo Municipal de Meaño
Número de prazas: O número máximo de participantes será de 75 por mes para rexime xeral e 5 prazas para rapaces/zas cunha discapacidade recoñecida entre o 33% e o 64%. De non cubrirse as prazas de discapacidade pasarán a réxime xeral
Horario: de 08:00 a 15:00 horas. Entrada entre as 08:00 e as 09:30 saída a partir das 13:30 e servizo fiambreira para os/as participantes que traian a comida da casa.
Prazo Presentación solicitudes: Do 15 de maio ó 3 de xuño de 2024
Documentación a chegar coa solicitude:
-Cartilla da Seguridade Social (do neno/a).
– DNI (do pai/nai, titor-a)
-DNI da/o nena/o
-Libro de familia
-Traballadores por conta allea: certificado de empresa na que traballe no que se acredite que está efectivamente traballando, a súa xornada de traballo e a duración do contrato. Xunto coa vida laboral
– Traballadores por conta propia: copia do último recibo do pagamento da cota á seguridade social ou da correspondente mutualidade. Xunto coa vida laboral
-Documentación oficial acreditativa da situación de familia monoparental de ser o caso
-Declaración IRPF 2022
-Toda documentación relevante sobre datos médicos (enfermidades, alerxias…) que sexa precisa coñecer para o bo desenvolvemento da actividade
– Autorización de captación de imaxes na actividades (A nexo I)
-Autorización recollida neno/a á saída ( Anexo II)