Matrícula Escola de Música curso 2026-2027

O concello informa que se abre o prazo de inscrición na Escola de Música Municipal para o curso 2026 – 2027, nos seguintes prazos e turnos:

  • Do 29 de xuño ao 14 de xullo, Renovación da praza para alumnos/as matriculados no pasado curso.
  • Do 15 de xullo ao 31 de xullo, Preinscrición de novo ingreso suxeito ás prazas dispoñibles.

As solicitudes deberán presentarse: presencialmente no Rexistro das oficinas municipais ou electrónicamente a través da sede electrónica. En ningún caso se admitirán solicitudes por correo electrónico.

 

Comparte esta noticia: