Esta Alcaldía pon en coñecemento que debido ós problemas de sequia que estamos padecendo estes meses, apelamos á responsabilidade de tódolos/as veciños/as da necesidade de aforro e un consumo moderado e responsable da auga da rede de abastecemento, para así evitar restricccións.
Por este motivo solicito a máxima colaboración de tódolos/as usuarios/as para que se faga un uso racional de auga e así poder mellorar o servizo; debendo consumir a auga estrictamente necesaria e non malgastala, quedando prohibido para usos que non sexan domésticos (baldeo de aceras, rego de xardíns, piscina, lavado de coches, etc…)
Meaño, 5 de agosto de 2025
O alcalde
Asdo: Carlos Vieitez Fernández