CARLOS VIEITEZ FERNANDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MEAÑO (PONTEVEDRA)
FAGO SABER:
Que, segundo comunicación remitida pola Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra, estanse a realizar no termo municipal os traballos catastrais de obtención de fotografías de fachadas de edificacións.
Estas actuacións, enmarcadas dentro dos traballos de actualización e mantemento da información catastral da Dirección Xeral do Catastro, prevén a realización de aproximadamente 3.100 fotografías no municipio.
Infórmase á veciñanza de que o persoal encargado dos devanditos traballos estará debidamente acreditado, portando unha certificación oficial expedida pola Dirección Xeral do Catastro, na que constarán:
- Identificación do traballador, con fotografía e DNI.
- Empresa á que pertence.
- Ámbito de actuación autorizado.
Así mesmo, devandito persoal deberá levar a acreditación visible en todo momento e exhibir o seu DNI se fose requirido polas autoridades competentes.
O obxectivo desta comunicación é informar previamente á cidadanía e evitar posibles incidencias ou confusións durante o desenvolvemento dos traballos na vía pública.
Para calquera aclaración adicional, as persoas interesadas poderán dirixirse á Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra.
Documento datado e asinado dixitalmente