Oficina de Turismo Dena

O concello informa que a Oficina de Turismo sita na Praza Nova de Dena permanecerá aberta ao público dende o 1 de xullo e ata o 30 de setembro, co seguinte horario:

  • De martes a sábado: de 11:00 a 14:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas.
  • Os domingos e festivos de 11:00 a 14:30 horas.

Dita oficina está subvencionada pola Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro das bases reguladoras das subvencións en réxime de concorrencia competitiva para o financiamento dos custos da prestación de servizos de información e atención ao público en oficinas de turismo adheridas á rede de oficinas “INFO RIASBAIXAS” correspondentes ao ano 2026, cun importe de 5.515.64 €.

Comparte esta noticia: