Convocatoria Proxecto Mais Emprega nos Concellos

Data de publicación :
16 Outubro, 2024

ANUNCIO

PROCESOS SELECTIVOS PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL NA MODALIDADE DE CONTRATO FORMATIVO, PROXECTO “+ EMPREGA NOS CONCELLOS” DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA:

  • 1 ARQUITECTO/A
  • 1 TÉCNICO/A EDUCACIÓN INFANTIL 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión de data 27 de setembro de 2024 (BOPPO núm. 193 de 03/10/2024) ,adoptou o acordo de outorgar ao Concello de Meaño a condición de entidade colaboradora do proxecto “+ EMPREGA NOS CONCELLOS” para financiar contratos formativos.

Titualación das persoas a contratar:

  • Titulación habilitante para o exercicio da Arquitectura.
  • Título de Técnico/a Educación Infantil

A contratación será de carácter laboral temporal (na modalidade de contrato formativo para adquirir unha práctica profesional axeitada ao correspondente nivel de estudos), a xornada completa, por un período de 12 meses.

As persoas que desexen participar no proceso selectivo deberán presentar a solicitude de participación, indicando expresamente o posto ao que optan,  dirixida ao Sr. Alcalde do Concello de Meaño no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

As bases do procedemento poderán consultarse no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial do Concello e no taboleiro de anuncios da páxina WEB oficial do Concello de Meaño,  con dirección www.concellodemeano.com/ga/inicio.

REQUISITOS PARA CONCERTAR UN CONTRATO FORMATIVO DO PROXECTO “+ EMPEGA NOS CONCELLOS”

Os contratos formativos poderán concertarse con aquelas persoas que reúnan os seguintes requisitos:

  1. a) Que estean en posesión dunha titulación universitaria ou dun título de grao medio ou superior de formación profesional ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, de acordo coas leis reguladoras do sistema educativo vixente, que habiliten para o exercicio profesional.
  2. b) Que estean inscritas como demandantes ou en mellora de emprego no Servizo Público de Emprego.
  3. c) Que estean empadroadas nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra antes da data de publicación da propia convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).
  4. d) Que, no momento da contratación, non transcorresen máis de tres (3) anos, ou máis de cinco (5) cando o contrato se realice cunha persoa con discapacidade, desde a terminación dos correspondentes estudos.
  5. e) Que non tivesen experiencia profesional nin realizasen ningunha actividade formativa na mesma actividade dentro da entidade por un tempo superior a tres (3) meses, sen que se computen, para estes efectos, os períodos de formación ou prácticas que formen parte do currículo esixido para obter a titulación que habilita esta contratación.
  6. f) Que non estean contratadas en prácticas no momento da selección nalgún dos programas que contemplen contratos en prácticas ou formativos da Deputación de Pontevedra.
  7. g) Non ter sido contratada na mesma ou en distinta entidade en virtude da mesma titulación nin tampouco na mesma entidade para o mesmo ou distinto posto, aínda que fose mediante unha titulación distinta.

En Meaño

O Alcalde-Presidente

Carlos Vieitez Fernández

Documentos do Anuncio
Compartir: