ANUNCIO DE CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO.
Aprobadas mediante Resolución da Alcaldía de data 22/10/2025 (núm 2025-0743), as Bases de selección para a formación dunha bolsa de emprego para realizar con carácter temporal as funcións de MESTRE/A DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE MEAÑO NA ESPECIALIDADE DE PIANO/CORO, como persoal laboral temporal do Concello de Meaño.
Sistema de selección: Oposición, segundo se establece nas bases reguladoras da convocatoria.
Prazo de presentación de instancias: 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases e modelos de solicitude poderán consultarse no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial do Concello e no taboleiro de anuncios da páxina web oficial do Concello de Meaño, con dirección https://meano.gal/anuncios.
En Meaño, O alcalde Carlos Vieitez Fernández.Documento asinado e datado dixitalmente .
- Bases de selección.
- Modelo de instancia.
- Lista provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as.
- Lista definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as.