PROGRAMA BENESTAR BALNEARIOS-XUNTA DE GALICIA
Ten unha duración de 10 días cada unha en réxime de pensión completa nos establecementos balnearios que participan no programa.
Nos prezos incluen os seguintes servizos:
- Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.
- Tratamentos termais coas indicacións terápeuticas: recoñecemento médico e tratamento termal básico.
- Programa de actividades de animación sociocultural que se leve a cabo no establecemento hoteleiro ou termal.
- Póliza colectiva de seguro turístico.
Beneficiarios: Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viudedade ou outras pensións.
Requisitos:
- Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Valerse por si mesmo para as acividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.
- Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
- Carecer de contradicción médica para a recepción dos tratamentos termais.
Prazo: 17/07/2024
PROGRAMA TURISMO SOCIAL
O Imserso quere o benestar das persoas maiores e, para isto, organiza distintos tipos de viaxes co obxecto de que poidan gozar dunhas merecidas vacacións, podendo optar ás seguintes modalidades:
- Zonas costeiras Peninsular: Andalucía, Cataluña, Comunidade Valenciana e Murcia.
- Zona costeira Insular: Canarias e Illas Baleares
- Turismo de escapada: Circuitos culturais, turismo de natureza, viaxes capitais de provincia, viaxes a Ceuta e Melilla.
Requisitos: Se é residente en España e quere acollerse a este prgrama de vacacións, deberá reunir un dos seguintes requisitos:
- Ser pensionista de jubilación do Sistema Público de pensións.
- Ser pensionista de viudez con idade igual ou superior a 55 anos.
- Ser pensionista de invalidez, outras pensións ou prexubilado e ter, en todos os casos, 60 anos cumplidos.
Poderá participar co seu cónxuxe, ao que non se lle esixen requisitos.
Tamén poderán participar os fillos con discapacidade dun grao mínimo de 45%, sempre e cando esta discapacidade lles permita viaxar e o fagan acompañados dos seus pais e compartan con eles cuarto.
En todo caso, deberá valerse por si mesmo e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
Servizos: Viaxe de ida e volta no medio de transporte programado desde a súa capital de provincia ao hotel de destino e regreso, excepto para a modalidade de viaxes sen transporte e viaxes a capitais de provincia, Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto, duplo ou individual en hoteis seleccionados polo Imerso. Na habitación individual haberá de abonarse un suplemento; Póliza colectiva de seguros;Servizo médico complementario da Seguridade Social no propio hotel;Programa de animación
Prazo: Ata o 22/07/2024
Máis información nas Oficinas Municipais de Servizos Sociais do Ilmo. Concello de Meaño ou nos teléfonos: 986747585 ou 98674710