O concello de Meaño informa de que a oficina de turismo, sita na Praza Nova de Dena, abre as súas portas no período estival, meses de xullo, agosto e setembro, no seguinte horario:
- De martes a sábados e non festivos: de 11:00 a 14:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas.
- Os domingos e festivos: de 11:00 a 14:30 horas.
Para a posta en funcionamento da oficina cóntase cunha subvención da Deputación de Pontevedra para o financiamento dos custos de prestación de servizos de atención e información ó publico en oficinas de turismo adheridas á rede de oficinas de turismo Rías baixas, que cubre os custes do 75% de persoal por un valor de 6.255,87 €