Declaración de risco alto por gripe aviar

DECLARACION DE RISCO ALTO POR GRIPE AVIAR 

 

O Concello de Meaño INFORMA á cidadanía que, segundo a resolución do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) do 6 de novembro de 2025, e a comunicación da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, o noso termo municipal foi declarado ZONA DE ESPECIAL RISCO (ZER) pola presenza e propagación da gripe aviaria de alta patoxenicidade (virus H5N1).

Esta enfermidade vírica afecta ás aves, tanto domésticas como silvestres, e require reforzar as medidas de prevención e bioseguridade para evitar a súa propagación.

 

De acordo coa normativa vixente (Orde APA/2442/2006, modificada e activada o 6/11/2025), e en aplicación das instrucións do MAPA e da Xunta de Galicia, establécense as seguintes disposicións:

  1. Prohíbese a cría de aves de corral ao aire libre.

Todas as aves domésticas deberán permanecer en recintos pechados ou protexidos con redes que impidan o contacto con aves silvestres.

 

  1. Prohíbese dar auga ou alimento a aves domésticas en espazos accesibles a aves silvestres.

O alimento e a auga deberán situarse sempre no interior de instalacións ou baixo cuberta.

 

  1. Prohíbese o uso de auga procedente de depósitos aos que poidan acceder aves silvestres, salvo que se trate adecuadamente para eliminar o virus.

 

Meaño, 07 de Novenbro de 2025

O alcalde

Asdo: Carlos Vieitez Fernández

 

Comparte esta noticia: