CARLOS VIÉITEZ FERNÁNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO ILMO. CONCELLO DE MEAÑO (PONTEVEDRA)
INFORMO
Que está aberto o prazo para facer as solicitudes de inscrición no Programa de Termalismo do Imserso para o ano 2026.
Persoas Beneficiarias e requisitos:
- Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social.
- Ser pensionista de viudedade con cincuenta e cinco anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacions ou subsidios de desempleo, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.
Poderán ir acompañados de cónxuxe ou parella estable ou un fillo/a con discapacidade, igual ou superior 45% (aloxados na mesma habitación)
Prazo de solicitudes:
-Turnos de febreiro a agosto: ata o día 4 de decembro de 2025
-Turnos de setembro a decembro: ata o día 15 de maio de 2026
Para tramitar a solicitude poden facelo nos Servizos Sociais Comunitarios do Concello co DNI. Recoméndase acudir con cita previa.
En Meaño,