Declaración de risco alto por gripe aviar

DECLARACION DE RISCO ALTO POR GRIPE AVIAR

O Concello de Meaño informa que Galicia, igual que toda España, atópase nun nivel alto por gripe aviar, segundo indicacións do Ministerio de Agricultura.

Co obxetivo de evitar a aparición de focos de influencia aviar de alta patogeneidade (IAAP) adoptáronse restricións que entran en vigor o día 20 de xaneiro e que afectan ós concellos que se atopan dentro das zonas de especial risco (ZER).

Estas medidas de prevención para mitigar o seu impacto obrigarán a encerrar as aves de corral e débense adoptar nos sete concellos da Comarca do Salnés que pertencen á zona ZER entre os que se atopa o Concello de Meaño.

No Concello de Meaño queda prohibida a cría de aves de corral ao aire libre; excepto que non sexa posible; neste caso deberán instalarse dispositivos como “telas pajareras” que impidan a entrada das aves silvestres nas instalacións, nas que obrigatoriamente se alimentará e proporcionará auga as aves domésticas.

Tamén queda prohibido o subministro de auga procedente de depósitos ós que poidan ter acceso aves silvestres.

Meaño, 20 de xaneiro de 2025

     O alcalde

                                                                                                                                  Asdo: Carlos Vieitez Fernández

Comparte esta noticia: