O concello de Meaño recibe, da Deputación Provincial de Pontevedra, unha subvención que se destinou ao “Equipamento de son no Palco da Música“, ao abeiro das bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia non competitiva das subvencións dirixidas aos Concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia destinadas a financiar o equipamento de locais destinados á mocidade, por importe de 2.043,04 €.
A devandita subvención estaba destinada á adquisición de equipamentos inventariables necesarios para o funcionamento do local destinado a uso pola mocidade: a adquisición de equipamento e mobiliario básico, equipamento de oficina, equipamento informático e equipamento acústico e audiovisual. Outro material inventariable que contribúa á mellora das dotacións e equipamentos os locais para uso da mocidade.