O concello informa de que a unidade móbil da Axencia de doazón de órganos e sangue estará no concello no seguinte lugar e horario:
Xoves, 29 de agosto de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas diante do Concello.
“Ti dás o tipo”
Doar sangue non debilita o noso organismo.
Cada día, nos hospitais galegos, centos de enfermos precisan da túa solidariedade para recuperar a saúde ou salvar a vida.
Doar sangue é vital para atender aos doentes que se teñen que operar, que padecen cancro ou leucemia, que sufriron accidentes de tráfico ou para os trasplantes de órganos.
Súmate se tes entre 18 e 65 anos e pesas máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a túa saúde antes da doazón e utilizará material estéril dun só uso.
Cita previa no número 900 100 828.
Non esquezas traer o teu DNI.
Non acudas sen almorzar e despois de xantar espera 2 horas.
Informa ao médico se estás a tomar algún medicamento.”