imaxe de benestar balnearios

Programa + Benestar

D. CARLOS VIÉITEZ FERNÁNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO
ILMO. CONCELLO DE MEAÑO.-

INFORMA:

O Concello de Meaño colabora coa Deputación Provincial de Pontevedra no Programa “+BENESTAR” :

– PROGRAMA EN RÉXIME DE PERNOITA: Consiste en seis días e cinco noites en réxime de pensión completa
O concello aporta 20 por persoa (a maiores da aportación da Deputación Provincial)

Beneficiarios:
-Persoas maiores de 55 anos.
-Menores de 55 anos pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións, ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %

▪️Non sufrir ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa.

▪️Poder valerse de maneira autónoma para as actividades da vida diaria

Dispoñibles con financiación municipal 55 prazas para o programa.
Prazo de presentación de solicitudes a través dos Servizos Sociais Comunitarios ata o 05/09/24.

CARTEL DO PROGRAMA

Comparte esta noticia: