Fogueiras San Xoán e San Pedro

ESTA ALCALDÍA INFORMA QUE SE ABRE O PRAZO  PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES DE AUTORIZACIÓN PARA A REALIZACIÓN DAS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO. 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 

  • FOGUEIRA DE SAN XOÁN ATA O VINDEIRO MERCORES 11 DE XUÑO.
  • FOGUEIRA DE SAN PEDRO ATA O VINDEIRO MERCORES 18 DE XUÑO. 

LUGAR DE PRESENTACIÓN: 

  • NO REXISTRO DO CONCELLO DE MEAÑO OU A TRAVÉS DA SEDE ELECTRÓNICA

NORMAS A CUMPRIR Á HORA DE REALIZAR AS FOGUEIRAS: 

  • A Autorización outorgada non eximirá en ningún caso das responsabilidades por danos ou perdas a que houber lugar no caso de que concorra neglixencia ou imprudencia.
  • Que a fogueira diste unha distancia mínima de 100 metros de vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos ou telefónicos e zonas vexetais susceptibles de ser queimadas.
  • Que as súas dimensións non superen unha altura de 5 metros de altura e 3 metros de diámetro.
  • Que non se queimen residuos perigosos ou tóxicos tipo: neumáticos, aceites, plásticos, envases baleiros de aerosois, etc.
  • Cando se faga a fogueira sobre terreos públicos asfaltados, lousados ou pintados deberá protexerse o pavimento cunha capa de area en toda a superficie da fogueira.
  • Que se dispoña no lugar dun sistema de extinción de incendios axeitado á proporción da fogueira.
  • Que a fogueira permaneza vixiada polos solicitantes ata a súa total extinción que deberá ser asegurada empapando os restos totalmente con auga.
  • No caso de que se levante vento que poida dificultar a vixilancia e extinción da fogueira esta deberá suspenderse ou apagarse de inmediato.
  • O solicitante será sempre o responsable por danos e prexuízos que a fogueira ocasione.

O alcalde

Carlos Viéitez Fernández

Comparte esta noticia: