A Deputación de Pontevedra pon en marcha o programa “+RETO DIXITAL” DIRIXIDO A CONCELLOS DE RETO DEMOGRÁFICO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, CO FIN DE FORMAR E CAPACITAR EN COMPETENCIAS DIXITAIS PERSOAS MAIORES DE 50 ANOS”
que teñen por obxectivo a formación é a capacitación dixital das persoas maiores de 50 anos para:
- Mellorar o acceso aos servizos da Administración electrónica.
- Dotalas dunha maior autonomía na xestión de procedementos da vida ordinaria relacionados co uso das novas tecnoloxías, coma as compras dixitais, as xestións bancarias ou o uso das
redes sociais, entre outros.
- Garantir unha adecuada cobertura e o acceso á prestación de servizos públicos críticos, coma a sanidade, os servizos asistenciais, a atención á dependencia etc.
- Simplicar a relación da cidadanía coa Administración a través da personalización e da adaptación dos servizos públicos dixitais
Ao abeiro de dito programa o Concello de Meaño solicitou os seguintes obradoiros:
1.-“Sergas, a súa aplicación electrónica e TELEA
2.- “Uso da banca móbil e as compras electrónicas”
3.-A Administración electrónica”.
-En cada obradoiro poderán participar un mínimo de oito e un máximo de quince persoas – Cada obradoiro terá un custo de cinco (5) euros por persoa participante, que se lle aboará
polo/a participante á empresa encargada de impartir a formación.
-A formación será presencial e impartiraa unha empresa especializada entre os meses de xuño e decembro.
– Requisitos dos participantes: maiores de 50 anos empadroados no Concello de Meaño.
-As persoas interesadas en participar nos obradoiros deberán solicitar a súa participación a través do rexistro do Concello de Meaño con data límite 13 de maio as 12:00 horas.
-Os/as participantes serán seleccionadas por orde de presentación de solicitude de entre aqueles solicitantes que cumpran os requisitos.
O prazo de solicitude comeza o día 7 de maio ás 08:00 horas e rematará o día 13 de maio ás 12:00 horas.