D. CARLOS VIEITEZ FERNÁNDEZ, ALCALDE- PRESIDENTE DO CONCELLO DE MEAÑO ( PONTEVEDRA)
FAGO SABER
Que a partir do 13 de marzo ó 8 de abril, ambos inclusive, ábrese o prazo para solicitar a inscrición para os servizos do Comedor Escolar no CEIP Coirón Dena e da aula de acollida “Plan Madruga” nos CEIPs Coirón-Dena e As Covas Meaño para o curso 2024-2025
Para que se estableza o servizo de Aula de Acollida Plan Madruga ten que haber un mínimo de 8 persoas usuarias de uso continuado en cada centro educativo, entendendo por tal, a asistencia mensual da metade de días lectivos máis un.
Para tramitar a solicitude do comedor escolar poden facelo no departamento de Cultura, Educación e Xuventude do Concello ou a través da sede electrónica, presentando a seguinte documentación:
- Impreso de inscrición
- -Cartilla da Seguridade Social (do neno/a).
- – DNI (do pai/nai, titor-a)
- -DNI da/o nena/o
- -Libro de familia
- -Certificado de discapacidade de ser o caso
- -Libro de familia numerosa de ser o caso
- -Traballadores/as por conta allea: certificado de empresa na que traballe no que se acredite que está efectivamente traballando, a súa xornada de traballo e a duración do contrato.
- – Traballadores/as por conta propia: copia do último recibo do pagamento da cota á seguridade social ou da correspondente mutualidade.
- -Documentación oficial acreditativa da situación de familia monoparental de ser o caso
- -Toda documentación relevante sobre datos médicos (enfermidades, alerxias…) que sexa precisa coñecer para o bo desenvolvemento da actividade
- Orde de domiciliación Bancaria
Para tramitar a solicitude do Plan madruga poden facelo no departamento de Cultura, Educación e Xuventude do Concello ou a través da sede electrónica, presentando a seguinte documentación:
- Solicitude de inscrición
- DNI do pai/nai/ titor-a.
- DNI do menor ou libro de familia.
- Título de familia numerosa de ser o caso
- Orde de domiciliación Bancaria
Documento datado e asinado dixitalmente á marxe