Como beneficiarios daráselles preferencia ás unidades familiares con empadroamento no Concello e que soliciten praza a xornada completa. Tamén poderán acceder as/os fillas/as de persoas que teñan os seus postos de traballo no Municipio e figuren empadroadas noutro concello. No caso de ter prazas vacantes poderanse atender outras solicitudes.
DOCUMENTACIÓN:
-Fotocopia DNI pai e nai
-Fotocopia Libro de Familia
-Fotocopia Libro de Familia Numerosa (de ser o caso)
-Fotocopia Cartilla Seguridade Social do menor
-Xustificante de ocupación ou desemprego dos proxenitores (últimas nóminas, certificado vida laboral, certificado de empresa ou certificación de demandante de emprego)
-Xustificante de ingresos (copia da declaración do IRPF exercicio 2022, ou no caso de non estar obrigado a declarar, certificacións expedidas pola axencia estatal de administración tributaria, certificado de prestación económica do INEM ou certificado de non prestación, se é o caso)
– Certificado de minusvalía alegada polos membros da unidade familiar
-Documentación acreditativa de incidencias tales como separación do Cónxuxe, abandono do fogar etc.
AS SOLICITUDES E A DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE ENTREGARASE NA OFICINA DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN DO CONCELLO EN HORARIO DE 09:00 A 14:00 HORAS. OU A TRAVÉS DA SEDE ELECTRÓNICA
Documento datado e asinado dixitalmente á marxe