Contratación laboral temporal – Programa Galicia Suma Talento: Rural Activo ano 2026

Data de publicación :
26 Maio, 2026

Procedemento selectivo para a contratación laboral temporal, mediante contrato de traballo para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, de 3 traballadores/as, destinados a  “Limpeza para a prevención de incendios forestais” ó abeiro da Resolución de concesión da axuda concedida ao Concello de Meaño nº Expte: TR351G-2026-00000035-05,  no marco da ORDE do 22 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e as subvencións para o fomento do emprego no medio rural , programa Galicia Suma Talento:Rural Activo, e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2026 (código de procedemento TR351G).

Documentos do Anuncio
Compartir: